Sigeric (II) foi un rei de Essex, do século IX. Traxectoria Só é coñecido por unha carta datada entre 829 e 837, asinada por un Sigric rex Orientalium Saxonum, pola que o bispo de Londres Ceolberht outorga unhas terras na actual Hertfordshire a un tal Sigric minister (servo) de rei Wiglaf de Mercia. Estes dous Sigric son, probabelmente, unha soa persoa. A duración exacta do seu poder non é coñecida: é posíbel que non reinase sobre todo Essex, sometido a Ecgberht de Wessex desde 825, senón só na Middlesex e Hertfordshire Barbara Yorke, «», en Peter Clemoes, Michael Lapidge, Simon Keynes (ed.).

O seu nome suxire que sería parente dos reis Sigeric e SigeredYorke, p. 24..

Notas

Categoría:Reis de Essex Categoría:Finados no século IX