Carlos Acevedo Díaz, nado o 16 de xuño de 1976, é un tradutor galego.
Traxectoria Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e en Filoloxía Galega, é tradutor profesional desde o inglés, italiano e portugués ao galego, principalmente. Traduciu autores como Milena Agus, Alessandro Baricco, Dan Brown ou J. K. Rowling.Feira do libro da Coruña: Noah Barleywater en Kalandraka - Blog K.Carlos Acevedo , en Cultura Galega.
Obras traducidas O código Da Vinci, de Dan Brown (El Aleph, 2004) con Fernando Moreiras e Eva Almazán A Mennulara, de Simonetta Agnello Hornby (Editorial Galaxia, 2005) con Eva Almazán Anxos e demos, de Dan Brown (El Aleph, 2005) con Fernando Moreiras e Eva Almazán A pensión Eva, de Andrea Camilleri (Editorial Galaxia, 2006) Cruceiro de verán, de Truman Capote (Editorial Galaxia, 2006) con Eva Almazán A pista de area, de Andrea Camilleri (Editorial Galaxia, 2007) Harry Potter e o misterio do príncipe, de J. K. Rowling (Editorial Galaxia, 2008) Sardinia blues, de Flavio Soriga (Editorial Galaxia, 2008) O símbolo perdido, de Dan Brown (El Aleph, 2009) con Fernando Moreiras e Eva Almazán Caos calmo, de Sandro Veronesi (Editorial Galaxia, 2010) Dióxenes, de Pablo Albo (Kalandraka, 2010) Emaús, de Alessandro Baricco (Editorial Galaxia, 2010) Mal de pedra, de Milena Agus (Kalandraka, 2010) Motín na Bounty, de John Boyne (Kalandraka, 2010) O rei oso branco e outros contos marabillosos, de Tim Bowley (Kalandraka, 2010) Canto de Nadal, de Charles Dickens (Kalandraka, 2011) Cartas desde a Terra, de Mark Twain (Kalandraka, 2011) Contos por teléfono, de Gianni Rodari (Kalandraka, 2011) Noah Barleywater escapa da casa, de John Boyne (Kalandraka, 2011) A cociña de Toto Morube, de José Antonio Ramírez Lozano (Kalandraka, 2012) Mr. GWYN, de Alessandro Baricco (Editorial Galaxia, 2012) Non hai escapatoria e outros contos marabillosos, de Tim Bowley (Kalandraka, 2012) A evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly (Kalandraka, 2013) Un ianqui na corte do Rei Artur, de Mark Twain (Kalandraka, 2013) A inutilidade do inútil, de Nuccio Ordine (Kalandraka, 2015) Educación para un mundo novo, de Maria Montessori (Kalandraka, 2016) Vitamina N, de Richard Louv (Kalandraka, 2017) O curioso mundo de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly (Kalandraka, 2018) Carta a unha profesora (Kalandraka, 2019) Breve historia da escravitude, de James Walvin (Kalandraka, 2020)
Notas
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1976 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo