Antonio Cid Cortés, nado o 16 de febreiro de 1954 en Xunqueira de Espadanedo, é un deportista galego e medallista paralímpico de boccia.
Traxectoria Naceu con parálise cerebral infantil, tamén sufriu tetraplexía e está, polo tanto, no grupo BC1 no deporte con discapacidade.
Mentres traballaba nos Países Baixos na década de 1980, comezou a interesarse polo xogo de bolas. Con seis medallas, incluíndo tres de ouro, é un dos atletas máis exitosos do seu deporte durante os Xogos Paralímpicos de Verán. Ademais, gañou sete medallas a nivel mundial, cinco en Europa e 16 en campionatos nacionais españois durante a súa carreira.
Cid Cortés é membro da Asociación Aixiña en Ourense, unha asociación sen ánimo de lucro e lugar de encontro para persoas con discapacidade física e mental.
Distincións 2006: Real Orde ao Mérito Deportivo 2012: Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia Placa e medalla do concello de Xunqueira de Espanedo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Antonio Cid na páxina oficial do Comité Paralímpico Español
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Xunqueira de Espadanedo Categoría:Medallistas paralímpicos de Galicia Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por España Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por España