O aeroporto de Estocolmo-Skavsta ou Aeroporto de Nyköping (IATA: NYO, ICAO: ESKN) é un aeroporto internacional sueco situado preto da cidadao suroeste de Estocolmo. Nel operan aeroliñas de baixo custo e de carga e é o quinto aeroporto máis grande de Suecia, cunha capacidade para manexar anualmente a 2,5 millóns de pasaxeiros.

O aeroporto está situado lonxe do municipio e do condado de Estocolmo, pero usa a palabra "Estocolmo" con propósitos promocionais. Localmente faise referencia a el sinxelamente como "Skavsta".

Historia Foi unha base aérea durante a segunda guerra mundial e usouse como aeroporto militar ata o ano 1980 cando se deixou fóra de servizo.

O concello de Nyköping, onde se atopa o aeroporto, decidiu en 1984 facerse co seu control e retomar as súas actividades. En 1998 o concello puxo o 90% do capital do aeroporto á venda, co obxectivo de fortalecer a súa xestión comercial e permitir investimentos para a súa expansión. Mercaron esa parcela de accións e comezou a transformación de Skavsta, que se converteu no segundo aeroporto de Estocolmo e a opción favorita para os que viven ao sur da capital.

O aeroporto ten capacidade para 2,5 millóns de pasaxeiros anuais e está deseñado para expandirse no futuro. É propiedade de ADC & HAS, a mesma compañía que ten os aeroportos de Belfast, Orlando, Liberia (Costa Rica), San José e Quito.

Aeroliñas e destinos

Notas

Estocolmo