Santa Oalla de Adá é unha parroquia que se localiza no concello de Chantada. Segundo o INE en 2008 tiña 122 habitantes (67 homes e 55 mulleres), 39 menos ca en 2000. Ten oito entidades de poboación.

Toponimia O topónimo Adá ten orixe no antropónimo de orixe xermánica .

Patrimonio Igrexa de Santa Oalla de Adá, de orixe románica, reedificada no século XVI. No muro actual da nave consérvanse dous modillóns que puideron ser aproveitados da construción románica. Historia

En 1989 o labrego Paulino Fernández asasinou sete dos seus conveciños no maior crime en serie da historia de Galicia.

Lugares e parroquias Lugares de Adá

Parroquias de Chantada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Chantada

Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Oalla