+ Soiuz 7K-TM 250px|center Descrición Función: Misións na órbita terrestre. Tripulación: Dous cosmonautas. Dimensións Altura:: 7,48 m Diámetro: Lanzamento Carga útil: - Retorno de Carga útil: - Masa no lanzamento: 6680 kg Volume Presurizado: 9 m3 Enerxía Eléctrica Fonte: Paneis solares Tamaño: Enerxía Xerada: 0,50 kW Motores a bordo Motor principal: Propulsores: Rendemento Resistencia: Apoapse: Periapse : Inclinación: Lanzamento Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur Rampla: Foguete Acelerador: Soiuz 11A511
Soiuz 7K-TM foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1974 e 1975.
Características A Soiuz 7K-TM foi unha modificación da Soiuz 7K-T destinada a participar no proxecto de probas Apollo-Soiuz, no que unha nave Apolo se acoplaría cunha nave Soiuz na primeira misión tripulada conxunta no espazo. Incluía algúns sistemas extra desenvolvidos para a cancelada Soiuz S, incluíndo unha nova torre de escape, paneis solares máis lixeiros e resistentes, un mecanismo de acoplamento andróxino universal, sinais ópticas para o acoplamento coa nave Apolo e cambios no sistema de mantemento de vida para rebaixar a presión atmosférica do interior a 0,68 atmosferas e facela compatible coa da nave estadounidense.
Lanzáronse catro unidades da Soiuz 7K-TM, dúas de proba e dúas tripuladas.
Voos
Número Data Centro de lanzamento Misión Resultado Notas 1 3 de abril de 1974 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 638 (proba non tripulada) Éxito Primeiro voo dunha nave Soiuz 7K-TM. 2 12 de agosto de 1974 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 672 (proba non tripulada) Éxito 3 2 de decembro de 1974 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 16 Éxito Primeiro voo de probas tripulado 4 15 de xullo de 1975 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 19 Éxito Proxecto de Probas Apolo-Soyuz. Último voo dunha Soiuz 7K-TM.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz U
Categoría:Programa Soiuz