Acontecementos Asia Abdicación de Jayavarman VIII. Comeza o reinado de Indravarman III, rei de Camboxa (até 1307). Edicto ordenando aos mongois e aos chineses o culto a Confucio. Inicio do reinado de Arghun Ghazan, khan de Persia (até 1304).

Europa Península Ibérica 25 de abril: Principia o reinado de Fernando IV de Castela (até 1310). Rexencia de María de Molina, na Coroa de Castela, durante a minoría de idade de Fernando IV (até 1301). 20 de xuño: Paz de Anagni, entre Francia e a Coroa de Aragón : Xaime II de Aragón obtén Córsega e Sardeña, pero renuncia a Sicilia e a Menorca.

Nacementos Eudes IV, duque de Borgoña. Taddeo Gaddi, pintor italiano († 1366). Nicéforo Grégoras, historiador bizantino (m. 1359). Xoana de Flandres (data aproximada) princesa francesa filla de Lois I de Flandres, conde de Nevers, e de Xoana de Rethel, condesa de Rethel (m. 1374).

Mortes 25 de abril - Sancho IV de Castela. 12 de agosto - Carlos Martel de Anjou, pretendente ao trono de Hungría (n. 1271). Pai Gómez Chariño, señor de Rianxo, guerreiro e poeta en lingua galega. Margarida da Provenza, raíña de Francia (n. ca. 1221).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1295