Manuel Rico Sinobas, nado en Valladolid o 26 de decembro de 1819 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1898, foi un físico e médico español, un dos pioneiros no estudo da meteoroloxía en España.

Traxectoria Doutor en Medicina e en Ciencias físicas, dedicouse preferentemente a esta última especialidade e foi durante moitos anos catedrático de física superior da Universidade Central de Madrid. Pertenceu á Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (da que foi vicepresidente) coa medalla número 35 e tomou posesión o 3 de xullo de 1859, e á de Medicina, coa medalla número 21, e da que tomou posesión dende o 22 de maio de 1861 até a súa morte.

Destacou fundamentalmente no estudo da meteoroloxía e foi o primeiro investigador da climatoloxía histórica española, pois foi quen de organizar unha recompilación sistemática de fichas con datos de diversas estacións e sistematizou as observacións realizadas entre 1800 e 1850, recollidas en fontes documentais.

Obras Memoria sobre las causas meteorológicofísicas que producen las constantes secas de Murcia y Almería: señalando los medios de atenuar sus efectos. (Madrid, 1851, premiada pola Academia de Ciencias). Manual de Física y elementos de Química (1856). [con Mariano Santisteban ]. Madrid: impr. Eusebio Aguado (Copia dixitalizada en Hathi Trust Digital Library). Resumen de los trabajos meteorológicos correspondientes al año 1854, verificados en el Real Observatorio astronómico de Madrid (1857). Madrid.: impr. Eusebio Aguado. (Copia dixitalizada na Biblioteca Digital Hispánica da BNE.). Manual de telegrafía eléctrica (1858). París: Librería de Rosa y Bouret. (Copia dixital na Biblioteca Digital Hispánica da BNE). Libros del saber de astronomía del Rey Alfonso X de Castilla, compilados, anotados e comentados por Manuel Rico Sinobas (1863-1867). (Copia dixitalizada na Biblioteca Digital Hispánica da BNE.). Manual de Física y Química (1864) [con Mariano Santisteban ]. Madrid: impr. Eusebio Aguado. Manual de Física y Química (1865) [con Mariano Santisteban ]. Madrid: impr. Manuel Minuesa. Noticia histórica de la cuchillería y de los cuchilleros antiguos en España (1871). Madrid. Diccionario de calígrafos españoles (1903). Madrid : Imprenta de Jaime Ratés (Sucesor de P. Núñez). (Copia dixital na Biblioteca Dixital de Castela-León) Los eclipses solares y muy principalmente el de 18 de julio de 1850. Estudio del huracán que pasó sobre una parte de la Península española el día 29 de octubre de 1842. Noticia de las auroras boreales observadas en España durante el siglo XVIII y parte del XIX. Fenómenos de la electricidad atmosférica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Manuel Rico Sinobas na Biblioteca Virtual do Patrimonio Bibliográfico.

Categoría:Finados en 1898 Categoría:Nados en 1819 Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Físicos de España Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Meteorólogos de España Categoría:Académicos da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais