Acontecementos

22 de febreiro: incorporación do mosteiro de Pombeiro (hoxe no concello de Pantón, Lugo) á orde cisterciense. 1 de marzo: Urraca fixa os límites da diocese de Mondoñedo após o seu traslado á súa nova sé do Val de Brea. Xuño: Os cidadáns de Compostela rebélanse contra os seus señores. Prenden lume á Catedral de Santiago. Xelmírez e a raíña Urraca son asediados na Torre das Campás. Urraca é aldraxada, espida e golpeada, o bispo Xelmírez consegue fuxir disfrazado. Pedro Froilaz, o rei Afonso e outros nobres poñen cerco a Compostela. Os burgueses vense forzados a capitular devolvendo o poder ao bispo Xelmírez. 16 de novembro: Afonso VII é recibido como rei en Toledo a instancias do seu aio o conde Pedro Froilaz. Data rexistrada máis antiga do uso do compás ou agulla de marear, na China, para auxilio na navegación. Borivoj II de Bohemia convértese en Príncipe de Bohemia no canto de Vladislav I de Bohemia. Toma da Cerdaña por Ramón Berenguer III, conde de Barcelona.

Nacementos Balduíno I, conde de Flandres e emperador de Oriente (m. 1205).

Mortes Anselmo de Laon, filósofo e teólogo francés.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Historia ano a ano

Categoría:1117

Categoría:1117