Os yámanaEntrada yámana en Digalego tamén chamados yaghan ou tequenica,"Yámana." Ethnologue. Consultado o 18 de decembro de 2011. son un dos pobos indíxenas do Cono Sur, e son considerados o pobo máis meridional do mundo.Grenoble, Lenore A. e Lindsay J. Whaley "What Does Digital Technology Have to Do with Yaghan?" Linguistic Discovery. Volume 1 Issue 1 (2002). Consultado o 19 de decembro de 2011. O seu territorio tradicional as illas ó sur da Illa Grande da Terra do Fogo, estendendo a súa presenza no Cabo de Fornos. Habitan ese lugar dende hai 10 000 anos.
No século XIX, eran coñecidos como "fueguinos", pero no presente ese termo é rexeitado xa que non distingue entre os diferentes pobos de Terra de Fogo (por exemplo, os selk'nam habitan a parte norte da Terra de Fogo). Case non quedan yámana que falen a lingua yámana (tamén coñecida como yaghan), que é considerada unha lingua illada, xa que a maioría fala o castelán. Cristina Calderón, finada o 16 de febreiro de 2022 e que que vivía no territorio de Chile, foi coñecida por ser a derradeira yámana que falou a súa lingua.
Os yámana eran tradicionalmente nómades, e cazadores recolectores. Viaxaban en canoas entre as illas para recoller alimentos: os homes cazaban leóns mariños, mentres que as mulleres recollían mariscos.
miniatura|center|700px|Distribución dos pobos indíxenas de Chile. Os yámana (yaghan) á esquerda en violeta escuro.
Notas
Categoría:Pobos indíxenas da Arxentina Categoría:Pobos indíxenas de Chile