Que verde era o meu val (en ) é un filme estadounidense dirixido por John Ford que se estreou en 1941. Baséase na novela homónima de Richard Llewellyn, foi producido por Darryl F. Zanuck e guionizado por Philip Dunne. Está protagonizado por Walter Pidgeon, Maureen O'Hara, Anna Lee, Donald Crisp e Roddy McDowall. Foi nomeado a dez Premios Oscar, gañando a Cidadán Kane no premio ó mellor filme, ademais de gañar o mellor director, mellor fotografía e mellor actor secundario.
O filme conta a historia dos Morgan, unha familia de mineiros galeses que viven no corazón dos vales do sur de Gales no século XIX. O argumento conta a perda do seu xeito de vida e os efectos na familia. A vila ficticia do filme está baseada en Gilfach Goch;"How Green Was My Valley" - BBC Radio Wales, www.bbc.co.uk, publicado o 7 de febreiro de 2009. Consultado o 6 de febreiro de 2015. Llewellyn estivo varios veráns visitando o seu avó e empregou esas experiencias como inspiración na novela. En 1990, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou estéticamente significativo".
Estreouse en galego o 11 de marzo de 2000 a través da TVG.
Personaxes Walter Pidgeon como Mr. Gruffydd Maureen O'Hara como Angharad Morgan Donald Crisp como Gwilym Morgan Roddy McDowall como Huw Morgan Sara Allgood como Mrs. Beth Morgan Anna Lee como Bronwyn Patric Knowles como Ivor Morgan John Loder como Ianto Morgan Barry Fitzgerald como Cyfartha Rhys Williams como Dai Bando Morton Lowry como Mr. Jonas Arthur Shields como Mr. Parry Frederick Worlock como Dr. Richards Richard Fraser como Davy Morgan Evan S. Evans como Gwilym Morgan Jr. James Monks como Owen Morgan Ethel Griffies como Mrs. Nicholas Lionel Pape como Mr. Evans senior Marten Lamont como Iestyn Evans Ann E. Todd como Ceinwen Clifford Severn como Mervyn Phillips Irving Pichel como Huw Morgan adulto Minta Durfee (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1941 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua galesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Ford Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes ambientados en Gales Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1941 con versión en galego