Soiuz T-3 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 27 de novembro de 1980 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz T-3, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim (comandante), Oleg Makarov (enxeñeiro de voo) e Gennadi Strekalov (enxeñeiro de voo) a bordo, foi unha misión lanzada como voo de probas para comprobar e verificar o funcionamento dos sistemas do novo modelo de nave e para acoplarse coa estación espacial Saliut 6 e facer experimentos a bordo. A nave regresou a terra o 10 de decembro de 1980 ás 9:25 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz T Saliut 6
Notas
Categoría:Programa Soiuz