Ferida é toda lesión da pel con perda da continuidade, producida, normalmente, por unha causa externa e acompañada de sangue. Por extensión, aplícase tamén a un traumatismo semellante nalgún órgano ou tecido interno (feridas internas). Poden estar causadas por numerosas causas, como obxectos cortantes, punzantes, esmagamentos, rozamento continuado etc. Figuradamente, tamén se pode aplicar o termo a dores psicolóxicas.

Tipos Hai dous tipos de feridas: Feridas leves: só racha a pel e o tecido graxo inferior. Feridas graves: dánanse, amais, músculos, vasos, tendóns ou órganos.

Feridas leves Erosións: feridas de bordos esfiañados producidas na pel pola fricción continua ou violenta. Feridas incisas: tamén denominadas cortes, presentan bordos lisos, que se ben poden non sangrar moito, Feridas punzantes: Son feridas profundas e anchas, polo que se infectan facilmente, provocadas por un obxecto con máis lonxitude ca sección.

Feridas graves Hemorraxias Fracturas abertas Feridas penetrantes no tórax (pneumotórax) ou abdome Amputacións

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Curación

Primeiros auxilios Terapia Tétanos

Categoría:Doenzas