ASL Airlines (Ireland) Limited, anteriormente Air Contractors, é unha aeroliña irlandesa de carga e pasaxeiros. Opera servizos regulares de carga por toda Europa en nome de empresas como FedEx Feeder e DHL Express. Opera tamén voos chárter de pasaxeiros e realiza algúns servizos para aeroliñas regulares. ASL Airline Holdings Limited, a compañía nai de ASL Airlines Ireland, ten a súa sede en Dublín.

Historia A aeroliña fundouse e comezou a operar en 1972 como Air Bridge Carriers no aeroporto de East Midlands. En setembro de 1992 adoptou o nome Hunting Cargo Airlines e en 1997 rematou de transferir todas as súas operacións a Irlanda. En xuño de 1998 o Hunting Group vendeu a súa división de aviación a un consorcio formado por CMB Compagnie Maritime Belge e Safair (parte de Imperial Group), e a aeroliña foi rebautizada como Air Contractors. Imperial Group transferiu o 49% das súas accións na compañía a 3P Air Freighters/Petercam S.A. en 2007.

Air Contractors mercou a aeroliña francesa Europe Airpost o 14 de marzo de 2008. Tras incorporar Europe Airpost o grupo pasou a chamarse ASL Aviation Group, representando o nome as súas tres actividades principais: Airlines, Support and Leasing (aeroliñas, soporte e alugueiro).

En 2010 Air Contractors comezou a transportar pasaxeiros usando un avión Boeing 737-300 xunto co seu asociado, Europe Airpost.

O 4 de xuño de 2015 ASL Aviation Group anunciou que Air Contractors converteríase en ASL Airlines Ireland, Europe Airpost en ASL Airlines France, Farnair Hungary en ASL Airlines Hungary e Farnair Switzerland e ASL Airlines Switzerland.

A compañía anunciou o 5 de febreiro de 2016 que chegara a un acordo para mercar TNT Airways e PAN Air, coa condición que a compra de TNT por parte de FedEx continuase adiante. A venda realizouse en maio de 2016. TNT Airways converteuse en ASL Airlines Belgium e Pan Air en ASL Airlines Spain.

A principios de 2017 ASL Aviation Group pasou a chamarse ASL Airline Holdings.

Frota En xuño de 2022 a frota de ASL Airlines Ireland estaba formada polos seguintes avións:

AircraftIn FleetOrdersNotesAirbus A300F4—Operados para DHL AviationAirbus A330-300F3—Operados para DHL AviationATR 72-2002—ATR 72-500F2—ATR 72-600F7—Operados para FedEx ExpressBoeing 737-400F15—Boeing 737-8005—Boeing 737-800BCF2—Operados para Amazon AirTotal400

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Irlanda