O aeroporto nacional de Minsk (IATA: MSQ, ICAO: UMMS), anteriormente chamado Minsk-2, é o principal aeroporto de Belarús, situado a 42 km ao leste de Minsk, a capital do país. O aeroporto serve como centro de conexións para a aeroliña nacional bielorrusa Belavia e as aeroliñas de carga TransAVIAexport Airlines e Genex.

Historia Primeiros anos A construción do aeroporto Minsk-2 comezou no ano 1977. En 1979 estivo operativa unha pista de 3 640 metros de longo e 60 de ancho. En 1981 o aeródromo xa era capaz de operar avións e finalmente inaugurouse en 1982. O primeiro voo de pasaxeiros operouse cun Tupolev Tu-134. Once anos despois as súas instalacións estiveron completas inaugurándose unha terminal con capacidade para 5,8 millóns de pasaxeiros anuais.

Desenvolvemento dende os 90 Os voos regulares comezaron en 1983 e no ano 1990 o tráfico de pasaxeiros chegou aos 2,2 millóns anuais. Dende 1991 o número de voos comezou a baixar debido ao colapso da Unión Soviética. En 1997 o número de pasaxeiros foi de 516 000, en 1998 de 480 000 e en 2000 só 400 000. Dende a independencia de Belarús o primeiro millóns de pasaxeiros non chegaría ata o ano 2008.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do aeroporto

Minsk