miniatura|Manuel Blanco Romasanta, o primeiro asasino en serie documentado de Galiza e de España. Un asasino en serie é polo xeral unha persoa que asasina tres ou máis persoas,gratificación psicolóxica; fontes fiables ó longo dos anos concordan con este razoamento. Véxase, por exemplo:
frecuentemente ó servizo dunha gratificación psicolóxica anormal e producíndose os asasinatos durante máis dun mes cun descanso importante (un "período de arrefriamento") entre eles. Diferentes autoridades aplican diferentes criterios na definición dos asasinos en serie; mentres que moitos estabelecen un limiar de tres asasinatos, outros esténdeno a catro e outros redúceno a dous. O Federal Bureau of Investigation (FBI), por exemplo, define un asasinato en serie como "unha serie de dous ou máis asasinatos, cometidos en eventos separados, normalmente pero non sempre, por un delincuente actuando só".
Malia que a gratificación psicolóxica adoita ser o motivo para os asasinatos en serie, e a maioría dos asasinos en serie teñen contactos sexuais coas súas vítimas, o FBI estabelece que os motivos dos asasinatos en serie poden incluír a rabia, a busca de emoción, a ganancia financeira e a chamada de atención. Os asasinatos poden ser tentados ou completados de xeito similar, e as vítimas poden ter trazos en común: idade, aparencia, xénero ou raza, por exemplo.
O asasinato en serie non é o mesmo que o asasinato masivo (que consiste en matar numerosas persoas nun mesmo incidente); tampouco é asasinato itinerante (na que se cometen asasinatos en dous ou máis lugares, nun curto espazo de tempo). Porén, os casos de asasinatos itinarantes prolongados de xeito secuencial durante períodos de semanas ou meses sen aparente "período de arrefriamento" ou "regreso á normalidade" fixeron que algúns expertos suxerisen unha categoría híbrida de "asasino en serie itinerante".
Definición A acuñación do termo serial killer (asasino en serie) atribúese comunmente ó axente especial do FBI Robert Ressler nos anos 1970, pero xa fora descrito moitos anos antes. Tense constancia de que o inspector policial alemán Erns Gennat xa utilizaba este concepto en 1930. A expresión estendeuse á linguaxe popular en gran parte debido á mediatización dos crimes de Ted Bundy e David Berkowitz ("O fillo de Sam"), a mediados da década de 1970.
O uso do termo permite ós criminalistas e criminólogos distinguir a aqueles delincuentes que matan a varias persoas nun longo período daqueles que asasinan a moita xente nun único evento (asasinos en masa). Un terceiro tipo de asasino múltiple é o asasino lóstrego.
Seguidamente, unhas breves definicións destes tres tipos:
Un asasino en serie é alguén que comete tres ou máis asasinatos durante un extenso período cun lapso de arrefriado entre cada crime. No medio dos seus delitos, eles parecen bastante normais, unha condición que Hervey Cleckley e Robert Hare chaman "máscara de cordura". A miúdo existe — pero non sempre — un elemento sexual neste tipo de asasinos (coma Fred West, o asasino do Zodíaco, ou Luís Alfredo Garavito). Un asasino en masa, por outra banda, é un individuo que comete múltiples asasinatos nunha ocasión illada e nun só lugar, como no caso do galego Paulino Fernández. Os autores adoitan cometer suicidio despois; por conseguinte, o coñecemento do seu estado mental e os motivos tras as súas accións déixanse moitas veces á especulación. Os poucos asasinos masivos que puideron ser atrapados afirman que non lembran claramente o evento. Un asasino itinerante, tamén coñecido como asasino excursionista ou spree killer, comete múltiples asasinatos en diferentes lugares, dentro dun período que pode variar desde unhas cantas horas ata varios días. A diferenza dos asasinos en serie, eles non volven ao seu comportamento normal entre asasinatos.
Todos estes tipos de crimes mencionados son usualmente consumados por unha soa persoa. Pero houbo exemplos nas tres categorías nos que dous ou máis perpetradores actuaron en conxunto, como Os estranguladores do outeiro e Henry Le Lucas e Ottis Toole. O escritor Michael Newton afirma que isto sucede en aproximadamente un terzo dos casos. Existen outros tipos de asasinatos múltiples tamén, aínda que a miúdo están relacionados con grandes organizacións: os xenocidio e os ataques terroristas. Os asasinos múltiples foron na súa maioría homes. As mulleres representan unha minoría nas estatísticas de asasinos en serie. Os asasinos en serie están especificamente motivados por unha multiplicidade de impulsos psicolóxicos, sobre todo por ansias de poder e compulsión sexual. Con frecuencia teñen sentimentos de inadaptabilidade e inutilidade, algunhas veces debido a humillación e abusos na infancia e/ou pola pobreza vivida; tamén se debe ter en conta un baixo status socioeconómico en idade adulta, compensando nos seus crimes isto e outorgándolles unha sensación de potencia e frecuentemente vinganza, durante e despois de cometer os delitos. O coñecemento das súas accións aterroriza a comunidades enteiras e con frecuencia confunden á policía, o que incentiva a súa sensación de poder. Este aspecto motivacional os desliga dos asasinos a soldo e outros asasinos múltiples, quen están motivados polo lucro. Por exemplo, en Escocia durante a década de 1820, William Burke e William Hare asasinaron persoas no que se coñeceu como o "Caso do ladrón de cadáveres". Eles non figuran como asasinos en serie na maioría das definicións de criminólogos, porque os seus motivos foron principalmente económicos.
Os asasinos en serie frecuentemente teñen impulsos extremadamente sádicos. Estes anulan a capacidade de sentir empatía polo sufrimento doutros, desta maneira, son frecuentemente chamados psicópatas ou sociópatas, termos que foron renombrados por psicólogos como trastorno de personalidade antisocial. Algúns asasinos en serie fan uso da luxuria e a tortura, para obter pracer sexual por mutilación da vítima e tamén de matala lentamente por un prolongado lapso de tempo.
Psicoloxía e desenvolvemento miniatura|O galego Diogo Alves, a quen se lle atribuíron en torno a 70 asasinatos en Portugal no século XIX. A maioría dos asasinos en serie teñen antecedentes enfermizos. Sábese que, frecuentemente, foron vítimas de abusos durante a súa infancia, xa sexa física, sexual ou psicoloxicamente,e que existe unha correlación entre os abusos da súa infancia e os crimes que cometen.
O elemento de fantasía no desenvolvemento dos asasinos en serie é extremadamente importante. A miúdo fantasean acerca de asasinar durante e aínda despois da adolescencia. Soñan espertos de maneira compulsiva sobre dominación, sometemento e asasinato, usualmente con elementos moi específicos das súas fantasías que despois aparecen nos seus crimes reais. Outros gozan lendo historias de sadismo, cheas de violación, tortura e homicidio. Pero nalgúns casos, estes trazos non están presentes.
Algúns asasinos en serie, presentan un ou máis signos de alerta na súa nenez do que se coñece como o "Conxunto McDonald" ou " Triada psicopática". Estes son:
Piromanía, comezar incendios só pola emoción de destruír cousas. Crueldade cara aos animais (relacionado co " zoosadismo"). Moitos nenos poden ter comportamentos crueis cos animais (por exemplo, cortándolles as patas ás arañas) pero os futuros asasinos en serie con frecuencia matan animais máis grandes, como cans e gatos, e comunmente para o seu propio deleite ou para impresionar aos seus amigos. Enuresis ou micción incontrolada máis aló da idade en que os nenos normalmente superan tal comportamento.
Cabería facer unha aclaración: esta triada, desenvolta en 1963, foi recentemente cuestionada por outros investigadores. Moitos expertos afirmaron que, unha vez que o asasino en serie comeza cos seus actos delituosos, non pode parar (ou só en contadas veces). Algúns sosteñen a opinión de que aqueles que non son capaces de controlar os seus impulsos homicidas son máis fáciles de atrapar.
Tipos de asasinos en serie O FBI, sen demasiada precisión, categorizou ós asasinos en serie dentro de dous tipos diferentes: organizados e desorganizados:
Asasinos organizados: Usualmente son posuidores dun coeficiente intelectual superior á media (110 en diante). Planifican os seus crimes moi metodicamente polo cal poden tardar anos en realizar un asasinato. Ás veces realizan os seus asasinatos por despeito ou debido a trastornos e, para encubrirse, poden tentar involucrar a outras persoas na súa planificación. Polo común, secuestran ás vítimas despois de gañar a súa confianza, matándoas nun lugar e desfacéndose delas noutro. Ás veces, este tipo de persoa busca entre o seu pasado a persoas que formaron parte da súa vida e que a marcaron dalgunha maneira. Actúan enganando de moitas maneiras e, se hai persoas estrañas no medio do seu obxectivo, estúdanas e chegan a crear toda unha cantidade de circunstancias para volvelas en contra do seu obxectivo. Ás veces, poden tardar anos en separar ó seu obxectivo do seu obstáculo. Unha vez realizado este propósito, achéganse de forma pasiva e con moitas mentiras e enganos á persoa do seu pasado. Así, por fin, conseguen alcanzar a súa meta, que é facer dano á persoa que seleccionou como vítima, e a súa maneira de actuar pode ser: (A) matar á súa vítima ou provocarlle sufrimento, como facerlle dano físico a un ser querido ou amadol; ( B) asañarse co seu obxectivo inicial. Por exemplo, Ted Bundy poñíase no brazo un molde de xeso falso, pedindo ás mulleres que lle axudasen a levar uns libros ata o seu vehículo, onde as golpeaba duramente deixándoas inconscientes para así poder actuar. Outros teñen como obxectivo específico ás prostitutas, quen talvez van voluntariamente co asasino en serie, crendo que é un cliente calquera. Estes tipos de asasinos, teñen un alto grao de control sobre a escena do crime, e xeralmente coñecen ben a ciencia forense que os habilita para cubrir as súas pegadas, tal como enterrar o corpo ou cargalo ata un río para afundilo. Ademais, eles seguen escrupulosamente os seus crimes nos medios de comunicación, e moitas veces se enorgullecen das súas accións, coma se fosen grandiosos proxectos. O asasino organizado é habitualmente sociable e ten amigos e amantes, moi a miúdo ata esposa e fillos. Son o tipo de persoa que cando son capturados, son descritos polos coñecidos como "un tipo agradable" que "non sería capaz de facer dano a unha mosca". Algúns asasinos en serie esfórzanse por facer que os seus crimes resulten difíciles de descubrir, por exemplo falsificando notas de suicidio; este é o caso de Harold Shipman, un médico de cabeceira británico, cuxa posición social e ocupación eran tales que lle permitían simular as mortes das súas vítimas, considerando que morrían por causas naturais: entre 1971 e 1998, matou así polo menos a 250 dos seus pacientes máis vellos, e ata moi pouco antes de ser descuberto aínda non se sospeitaba que ningún dos seus crimes fose premeditados. Asasinos desorganizados: Cun IQ baixo/mediocre (entre 80 e 95), cometen os seus crimes impulsivamente. Mentres que o asasino organizado sairá especificamente a cazar á vítima, o desorganizado matará a alguén cando queira que xurda a oportunidade, e contadas veces molestarase en desfacerse do corpo, deixándoo no mesmo lugar en que atopou á vítima. Usualmente levan a cabo ataques "sorpresa", asaltando ás súas vítimas sen previo aviso, e tipicamente executarán rituais que cren necesarios levar a cabo, unha vez que a vítima se atope morta (por exemplo, necrofilia, mutilación, canibalismo, etc.). A miúdo son persoas insociables, tendo poucos amigos, e poden ter un historial de problemas mentais, sendo descritos polos seus coñecidos como excéntricos ou mesmo como "un pouco estraños ou raros". Teñen pouca consciencia sobre os seus crimes e é posible que bloqueen os recordos dos seus asasinatos. Un dos casos recentes máis coñecidos e que encaixan con este perfil é o de Francisco García Escalero, o " Matamendigos".