Chimichagua é unha poboación e concello colombiano do departamento de Cesar. Chimichagua atópase na rexión Caribe de Colombia. Limita polo norte co concello de Astrea, polo sur cos concellos de Pailitas e Tamalameque, polo leste cos concellos de Curumaní, Chiriguaná e El Carmen (Norte de Santander) e polo oeste co concello de El Banco no departamento de Magdalena.
No concello de Chimichagua salienta a economía informal coa pesca artesá como principal actividade económica, principalmente na cabeceira municipal e nos correxementos de Candelaria, Saloa, Sampegua, La Mata e algunhas vereas. A agricultura e a gandería constitúen o segundo factor de ingresos.
Etimoloxía Chimichagua era o nome do cacique chimila que habitaba a área durante a conquista dos españois. Chimichagua ou Chiminigagua é o nome da deidade suprema dos muiscas. Os muiscas e os chimilas son dous pobos que pertencen á mesma familia lingüística, a das linguas chibchas. Cesar 30 Años de Progreso – Gobernación del Cesar (1997). Page 25
División político administrativa Ademais da súa cabeceira municipal, Chimichagua ten baixo a súa xurisdición os seguintes centros poboados: Zona noroccidental
Betel Buenos Aires Candelaria Corralito Cuatro Esquinas Diosmevé El Canal El Guamo Higo Amarillo La Inverna La Unión Las Flores Mandinguilla Nueva Victoria Plata Perdida Pueblito Sabana del Trebol Sabanas de Juan Marcos Santo Domingo Sempegua
Zona oriental
Cabecera El Progreso La Mata Las Vegas Mata de Guillin Piedras Blancas Saloa Soledad Zapati Último Caso
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cesar