Ricsige foi un rei da Northumbria viquinga, chamada Jorvik, que gobernou despois de Ecgberht I ser deposto polo pobo no ano 873. Traxectoria Como o seu antecesor, parece que Ricsigue foi un rei monicreque, malia que el pretendía ter plenas funcións. Segundo a Crónica anglosaxoa era de orixe anglosaxoa, e foi nomeado polos membros do grande exército pagán que atacou York no ano 866. Mentres el quedaba controlando o territorio conquistado de Northumbria, Jorvik, Halfdan Ragnarsson avanzou para expandir o territorio cara ao sur. A continuación, puxo a Ecgberht II de Northumbria a gobernar as terras da antiga Bernicia, entre o río Tees e o río Forth. Mentres tanto, Halfdan conquistou Anglia Oriental e Mercia, onde se estableceu.

Roger de Wendover informa que Ricsige morreu de tristeza cando, por decisión de Halfdan Ragnarsson, houbo que dividir o reino entre eles dous: Ricsige no norte e Halfdan nos territorios conquistados, que chegaban ata a cidade de Londres.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993.

Categoría:Reis de Northumbria