Lois Pérez Díaz, nado en Lugo o 2 de xuño de 1979, é un escritor e narrador oral galego.
Traxectoria Deuse a coñecer como escritor ao obter en 2008 un dos premios de Teatro Radiofónico da Radio Galega, organizado polo programa Diario Cultural, coa obra Saltimbanqui. A obra foi posteriormente dirixida e adaptada para a escena por Quico Cadaval, e foi interpretada por Cadaval, Xan Cejudo e Xosé Manuel Olveira "Pico". Foi colaborador do grupo de teatro Pinchacarneiro, da Fundación Anade para persoas con diversidade funcional, escribiu de rock and roll para a revista Ruta 66, foi locutor radiofónico nocturno para openradio.es. Colaborou coa Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e coordinou diferentes proxectos de innovación na normalización lingüística do galego na escola, premiados todos eles (2008, 2009, 2010 e 2011) por organismos oficiais e institucións diversas.
Foi xogador profesional de fútbol sala e ten o título de soldador de oxiacetilénica.
Obras
Narrativa
Hoxe toca Leiva? (2026). Vigo: Xerais. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-820-1. ePub: ISBN 978-84-1110-823-2.
Teatro Saltimbanqui (2008).
Poesía
LP (2013). Emerxente. Long Play (2017). Vigo: Xerais. 192 páxs. 2ª ed., ISBN 978-84-9121-293-5. ePub: ISBN 978-84-9121-599-8. Lugo Philadelphia (2023). Con Alba Díaz. Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-241-4. ePub: ISBN 978-84-1110-252-0.
Infanto xuvenil A gruta da torre (2022). Vigo: Xerais. Ilustracións de Rosalía Díaz. 192 páxs. ISBN 978-84-1110-148-6. ePub: ISBN 978-84-1110-164-6. A tribo do mar (2023). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-404-3. ePub: ISBN 978-84-1110-425-8. Cartas na escuridade (2024). Cuarto de Inverno. 256 páxs. ISBN 978-84-124586-5-7.
Premios 2008: Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da audiencia e do xurado. V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade por A gruta da torre. 2022: XVI Premio Raíña Lupa por A tribo do mar. 2023: VI Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por Cartas na escuridade. 2024: Premio de xornalismo Johán Carballeira por Eloxio do apenovismo. 2025: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade de xuvenil por Cartas na escuridade. Vida persoal Está casado e ten un fillo. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en praza.gal en 2018
Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Lugo