Afonso II de Aragón alcumado o Casto e o Trobador, nado en Huesca o 1 ou o 25 de marzo de 1157, e finado en Perpiñán o 25 de abril de 1196), Afonso II o Casto, fillo de Petronila e Ramón Berenguer IV, naceu en Huesca en 1157. Cf. foi conde de Barcelona (condado que incluía case todos os outros condados cataláns) desde 1162, e rei de Aragón (que incluía o Condados de Sobrarbe e de Ribagorza) desde o 18 de xullo de 1164,Petronila, raíña de Aragón e condesa de Barcelona «aragonensis regina et barchinonensis comitissa» doou ao seu fillo Afonso e á toda a súa descendencia —a quen no seu testamento o seu marido chamaba Ramón— todo o reino íntegro «dono [...] tibi, dilecto filio meo Ildefonso, regi aragonensi et comiti barchinonensi, qui in testamento eiusdem viri mei vocaris Raimundus, et omni posteriotati tue omne regnum integriter», en documento datado en Barcelona, a 18 de xuño de 1164. Cf. Diante das circunstancias de que Don Ramiro cedese a posesio e que Dona Petronila fose femia, derivouse que podía manter a potestas, pero non a gestio. Consecuentemente a posición do conde Ramón foi a de ser administrador da Casa, rexente do Reino, do que seguía sendo señor, pai e rei, Ramiro II, até que morreu o 16 de agosto de 1157. Logo a súa filla Dona Petronila sería a reina titular até que o 18 de xuño de 1164 renunciou en favor do seu fillo Afonso II, neno de sete anos, nacido en Huesca en marzo de 1157; renuncia que se efectuou cando xa había dous anos que o conde morrera no burgo de San Dalmacio, xunto a Turín, o 7 de agosto de 1162. Cf. [...] a petición da nobreza aragonesa e de todo o mundo, o único irmán de Afonso, Ramiro o Monxe, así chamado porque entrara anos atrás nun convento, tivo que saír deste en 1134 e, contra os desexos do papado que non lle outorgara bula nin liberdade, casara con Inés de Poitiers, procreando con ela unha filla en 1136: dona Petronila. E foi pouco despois, en 1137, cando esa nena que non tiña sequera un ano foi dada en matrimonio ao conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, quen xa se encontrara con Ramiro na defensa de Zaragoza en 1134 e logo en terras xerundenses en 1135 fronte a grupos islámicos, pero que tamén podían ser casteláns ou franceses. reunindo así os dous dominios nun único Estato, coñecido como a Coroa de Aragón, asumindo o nome de Afonso II, e reinando até 1196.

Tras o falecemento de seu pai Ramón Berenguer IV a comezos de agosto de 1162, Afonso II recibira a potestade rexia, pero non foi até 1164 cando a súa nai a raíña Petronila fixo a doazón do Reino no seu favor.Martínez Ferrando, Jesús Ernesto (1958): Archivo de la Corona de Aragón. Guía abreviada. Dirección General de Archivos y Bibliotecas. p. 8.

Foi tamén o conde Afonso I da Provenza, de 1166 a 1196,​ e o conde Alfonso I do Rosellón, de 1172 a 1196.

Nome Fillo primoxénito de Ramón Berenguer IV o Santo, conde de Barcelona desde 1131 e, desde 1137 tamén príncipe de Aragón, e de Petronila I, raíña titular de Aragón, reinou co nome de Afonso en honor a Afonso I o Batallador, irmán do seu avó.} A documentación da época confirma que desde o seu nacemento foi designado indistintamente cos nomes de Afonso e Ramón (co que fora bautizado).

Tanto no pacto de Haxama (1158) como no seu testamento sacramental (1162), o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV chamaba Ramón ao seu primoxénito.Ventura, Jordi (1961): Alfons el Cast. El primer comte-rei. Barcelona: Editorial Aedos, páx. 84. Á súz vez, no testamento da raíña Petronila de Aragón, a súa nai chama ao seu herdeiro Afonso, e sinala que o seu marido o chamaba Ramón. Nos dous diplomas que se coñecen asinados persoalmente polo futuro Afonso II en vida de seu pai Ramón Berenguer IV, usou «Afonso» como o seu nome; unha vez que foi rei, todos os documentos asinounos co nome de Afonso, e non se documentou ningún caso en que asinara como Ramón.

Os nomes dos dous fillos do matrimonio foron os que utilizaría a liñaxe da Casa de Aragón: Afonso e Pedro.

Reinado Afonso II gobernou como rei de Aragón, conde de Barcelona e marqués da Provenza. Iglesias Costa sinala que xa se omitía o título correspondiente aos Condados de Sobrarbe e de Ribagorza. Estes eran antigos condados unidos ao Reino de Aragón en tempos de Ramiro I. Tamén se omitían xa os condados que levaban varias xeraciónes unidos ao condado de Barcelona, como os de Girona, Osona e Besalú. No século XII, as absorcións mencionadas dos condados de Cerdaña-Berga, Besalú, Rosellón e Pallars Jussá non alongan a titulación do conde, porque encaixan nun sentido hiperbólico na denominación do condado de Barcelona. Así corroborábase a obsolescencia do modelo condal, que xa só se empregaría para designar as unidades que mantiveran a súa singularidade xurisdicional respecto da casa barcelonesa, é dicir, Empúries, Urgell e Pallars Sobirá.

miniatura|esquerda|Afonso II e a súa esposa Sancha de Castela presidindo o Consello Real. (Miniatura de finais do século XII).

Incorporou ao seu reino as terras occitanas da Provenza, o Condado do Rosellón e o de Pallars Jussá.

Asinou con seu cuñado, o rei castelán Afonso VIII, o tratado de Cazola en 1179. Pero anos máis tarde e mediante o tratado de Huesca (1191), aliouse cos monarcas de León, Portugal e Navarra contra a hexemonía castelá.

Afonso foi moi apreciado pola súa fe católica, que se concretou en moitas ofrendas ás igrexas e mosteiros, facilitou a incorporación dos monxes cistercienses no val do Ebro e, nun seu acordo máis querido, en 1202, doa ao Real Monasterio de Nuestra Señora de Rueda de Sástago, na Ribera Baja del Ebro, que sería o primeiro complexo de técnica hidráulica da Península Ibérica. Rematou a construción do Mosteirio de Santa Maria de Poblet (onde acabaría sendo enterrado). Loitou contra os mouros, acabando a reconquista de todo Aragón. E fixo vasalo seu ao rei musumlmán de Valencia.

Por outra parte, mantivo unhas moi boas relacións con Ricardo Corazón de León e, entre 1182 e 1183, durante a guerra na que Ricardo se opuxo ao seu irmán máis vello Henrique o Mozo, co-rei de Inglaterra con Henrique II, por Aquitania, Afonso II combateu ao lado de Ricardo.

Incorporación do Rosellón Xerardo II do Rosellón (1164-1172), enfermo e sen fillos, deixou o Condado en herdanza a Afonso II de Aragón, decisión tomada, segundo manifestara o conde, de acordo co consello dos seus súbditos. No seu testamento Xerardo II estableceu que o Rosellón «todo integramente o dou ao meu señor o rei dos aragoneses» pola fe depositada no seu soberano Afonso II, que foi inmediatamente recoñecido como rei en Perpiñán.Sesma Muñoz, José Ángel (2000): La Corona de Aragón, una introducción crítica . Zaragoza: Caja de Ahorros de la Inmaculada de Aragón (CAI). ISBN 84-9530-680-8, páxs. 59-60.

Nos círculos políticos roselloneses, ante a extinción da liñaxe condal parece que se xulgou máis conveniente unirse ao dominio real aragonés, cuxos monarcas eran descendentes directos de Vifredo o Viloso,Véxase ao respecto a explicación achegada por Santiago Sobrequés en Els Barons de Catalunya, Ed. Vicens-Vives, 4ª ed., 1989, páxs. 16-17. en lugar de considerar os dereitos de Hugo III de Empúries sobre o Rosellón, pola descendencia das dinastías condais empordanesa e rosellonesa dun tronco común, o dos antigos condes de Empúries-Rosellón dos séculos IX e X, Suñer II (862-915), Gausberto (915-931) e Gausfredo I (931-991); á morte deste último, os seus fillos, Hugo I de Empúries (991-1040) e Guislaberto I do Rosellón (991-1014), repartiran o dominio recoñecéndose, porén, certos dereitos comúns sobre a totalidade do antigo patrimonio.

Contando, pois, co apoio da aristocracia local, en 1173, despois de morto Xerardo II, Afonso o Casto convocou unha asemblea de nobres roselloneses en Perpiñán, na que estableceu uns estatutos de paz e tregua válidos para todo o Condado do Rosellón e a diocese de Elna.

Labor cultural Afonso II amparou as artes e as normas do amor cortés, e el mesmo exercitouse na poesía, e foi un poeta coñecido. Tiña fama de acoller xenerosamente aos trobadores na súa Corte e de fomentar a súa arte, e mantivo relacións con outros poetas e trobadores, da súa época, como Guilhem de Saint-Leidier, Raimbaut d'Orange, Dalfi d'Alvernha, Azalais de Porcairagues e, sobre todo, con Giraut de Bornelh, con quen compuxo un tenzón.Diccionari d'Història de Catalunya, p. 23. Barcelona: Edicions 62, 1998. ISBN 84-2973-521-6.

Consérvanse dúas pezas que se lle atribúen: unha cançó (canción trobadoresca) e un partiment (catalán), partimen en occitano) ou joc partit ("xogo partido", un dos xéneros dialogados da lírica trobadoresca), con Giraut de Bornelh. A vida trovadoresca que figura nos Cançoners,Cançoner provençal . di o seguinte:

Composicións As dúas composicións que se lle atribúen son: (23,1)Unha explicación sobre a numeración da poesía trobadoresca de acordo co repertorio de Pillet i Carstens encóntrase no artigo Alfred Pillet. Per mantas guizas m'es datz. (23,1a = 242,22) Be me plairia, senh'En Reis (tenzón con Giraut de Bornelh).

Matrimonio e descendencia miniatura|400px|Testimonio documental do nacemento de Afonso II de Aragón en Huesca. No lugar da datación sinálase que está escrita «o ano cando doña reina [Petronila de Aragón] pariu ao seu fillo Afonso na cidade de Huesca». Transcrición do parágrafo sombreado: «Facta carta era Mª. Cª. LXXXXª. VIª., regnante Raimundo Berengario in Aragone et in Superarbio [Sobrarbe] et in Ripacurcia [Ribagorza] et in Barchinona, ipso anno quando dompna regina peperit filium suum Adefonsum in civitate Oscha». Como sinala Ubieto, o ano 1157 inclúe os meses de xaneiro a marzo do ano 1158 ao que fai referencia o documento.

Afonso casou, o 18 de xaneiro de 1174, na Catedral do Salvador de Zaragoza, con Sancha de Castela (tía de Afonso VIII de Castela), á idade de 16 anos, á que, segundo o Dereito Canónico daquela, un home casado alcanzaba a maioría de idade.

Ademais, con iso foi armado cabaleiro e puido actuar á fronte do seu reino sen a titoría dos magnates que a exerceran desde 1162.

Deste matrimonio naceron oito fillos:Reis de Aragón - Infante don RAMÓN de Aragón en Medieval Lands . (ou nove, segundo outras fontes).Ramon, who became King ALFONSO II en Genealogy .

Pedro (1178-1213), que herdou ao seu pai como rei de Aragón, reinando co nome de Pedro II de Aragón, alcumado o Católico, e como conde de Barcelona, Condado no que reinou como Pedro I. Costanza (1179-1222), que casou en 1198 con Emerico I de Hungría, e en 1210 con Frederico II Hohenstaufen, Sacro Emperador Romano-Xermánico, e rei de Sicilia e de Xerusalén. Alfonso (1180-1209), que herdou o condado da Provenza, mo que reinou co nome de Afonso II. Lionor (1182-1226), casada en 1202 con Ramón VI de Tolosa. Sancha (1186-1241), casada en 1211 con Ramón VII de Tolosa. Sancho, morto xove. Ramón Berenguer, morto xove. Fernando (1190-1249), que entrou como monxe cisterciense no Mosteiro de Poblet e, en 1205, foi sacado de Poblet para se converter en abade de Montearagón. Dulce (1192-?), entrou como monxa no Mosteiro de Sijena, chegando a ser comendadora da Orde de San Xoán.

Morte e sepultura miniatura|300px|Mosteiro de Poblet. Sepulcros reais.

Afonso II faleceu en Perpiñán o 25 de abril de 1196.Rerum Gallicarum et Francicarum Scriptores, Tomus XII, Ex Gestis Comitum Barcinonensium, páx. 379 .Carmen Orcastegui Gros Crónica de San Juan de la Peña (Versión aragonesa). Edición critica. Institución «Fernando el Católico». Cuadernos de Historia Jerónimo Zurita, 51-52.

Enterro en Poblet

Tendo que escoller entre ser enterrado no mausoleo paterno do Mosteiro de Ripoll, ou ser sepultado no mausoleo conxugal (a fonte di "materno" pero a súa nai, Petronila, foi enterrada na Catedral de Barcelona do Mosteiro de Sigena), escolleu o Mosteirio de Poblet para non levantar suspicacias.