Todiramphus chloris é un paxaro da familia dos Alcedinidae e á subfamilia Halcyoninae. Ten un amplo rango de distribución que abrangue dende o Mar Vermello até o sur de Asia e a Polinesia. É unha especie moi variable e conta cunhas 50 subespecies.
Descrición miniatura|esquerda|Femia en Fiji. Mide de 22 a 29 cm de longo e pesa entre 51 e 90 gramos. A coloración da plumaxe das súas partes superiores varía do azul ó verde, mentres que a das súas partes inferiores varía entre o branco e o alaranxado. Ten unha franxa branca arredor do pescozo. Algunhas subespecies teñen unha lista superciliar branca ou crema e outras teñen unha mancha entre o peteiro e os ollos. Adoitan ter unha lista negra que atravesa os ollos. O seu gran peteiro é negro coa base da mandíbula inferior amarelada.
As femias adoitan ser máis verdellas que os machos. Os xuvenís teñen cores máis apagadas que os adultos e adoitan presentar escamado escuro no pescozo e o peito.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Coraciformes Categoría:Animais descritos en 1783