Fernando Domínguez Reboiras, nado en Santiago de Compostela en 1943, é un teólogo, historiador e filólogo galego aínda que radicado en Alemaña dende 1963.«Fernando Domínguez Reboiras». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana .

Traxectoria É membro do Raimundus Lullus Institut da Universidade de Freiburg (dende 1996 é doutor en Teoloxía pola tal universidade), e, dende o ano 1987, magister da Maioricensis Schola Lullistica de Mallorca.Paloma, David «Any Llull. Preàmbul». Cultura (El Punt Avui), 5 de decembro de 2014, p. 4.

É un dos máximos coñecedores da figura de Ramon LlullRamon Llull. El mejor libro del mundo , artigo en Aceprensa por Féliz Bruguera o 31 de maio de 2016 .. Durante corenta anos dedicouse á elaboración e edición crítica das obras latinas de Llull, a quen Domínguez Reboiras cualifica como "o Cervantes do catalán"Domínguez Reboiras: “Ramon Llull fue el Cervantes del catalán” , artigo en Ibereconomía o 10 de xullo de 2016 ..

Obra Gaspar de Grajal (1530-1575). Frühneuzeitliche Bibelwissenschaft im Streit mit Universität und Inquisition (Münster : Aschendorff, Dr., 1998)Ficha da obra en Dialnet . Ramon Llull. El mejor libro del mundo (Arpa editores, 2016)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha do autor na páxina web de Arpa editores . Ficha do autor en cccb.org .

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes