Ban Zhao (en chinés tradicional e simplificado: 班昭; pinyin: Bān Zhāo; Wade-Giles: Pan1 Chao1), nome de cortesía Huiban (惠班, Huìbān), nada no 45 e finada no 116, foi a primeira historiadora chinesa.
Traxectoria Ban Zhao casou con Cao Sishu aos catorce anos de idade, e era coñecida na corte polo nome "Venerábel Madame Cao" (曹大家). Era filla do famoso historiador Ban Biao e irmá máis nova do xeneral Ban Chao e do historiador Ban Gu. Ban Biao comezou a redacción do Xihanshi 西漢史 ("Historia dos Han do oeste"), un libro coñecido nos tempos modernos como Hanshu 漢書 ("Libro dos Han"). A empresa foi continuada por Ban Gu; secasí, Ban Zhao tivo que completar o libro, xa que el foi prendido e executado no ano 92 debido á asociación da familia coa emperatriz Dou. Os engadidos de Ban Zhao ocupan oito volumes.
Ban Zhao tamén compuxo poesía e ensaios.
Nüjie Ban Zhao escribiu o Nüjie 女誡 ("Leccións para as mulleres"). Trátase dunha guía para que as mulleres da época eviten os escándalos na súa mocidade, para así poder acadar un mellor status social no futuro. O libro aconsella ás mulleres que sexan submisas e acepten que os seus maridos teñan concubinas, e que estando casadas deben ser fieis. Porén, o libro tamén aconsella que as mulleres reciban unha educación.
A valoración contemporánea deste texto é variada. Para algúns investigadores, a obra supón unha aceptación acrítica da submisión da muller ao varón propugnada polo confucianismo. Pola contra, tamén foi interpretado como un precursor do feminismo na China, ao concederlle ás mulleres unha nova forma de axencia.
Familia de Ban Zhao Ban Biao (班彪; 3-54; pai) Ban Gu (班固; 32-92; irmán máis vello) Ban Chao (班超; 32-102; segundo irmán) Ban Xiong (班雄; ?-despois do 107; irmán máis vello) Ban Shi (班始; ?-130; segundo fillo) Ban Yong (班勇; ?-despois do 127; fillo máis novo)
Recoñecementos
O cráter de Ban Zhao, no planeta Venus, foi nomeado na súa honra.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ban Zhao (Chinese Text Project)
Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Historia da China Categoría:Nados en 45 Categoría:Finados en 116