Soiuz TM-10 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 1 de agosto de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-10, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Gennadi Manakov e Gennadi Strekalov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir e facer experimentos xeofísicos, astrofísicos e biolóxicos. Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-5 e da Soiuz TM-11.
Os cosmonautas regresaron, xunto co periodista Toyohiro Akiyama, chegado á estación na Soiuz TM-11, o 10 de decembro de 1990 ás 6:07 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-11
Notas
Categoría:Programa Soiuz