Ostře sledované vlaky é un filme checoslovaco de 1966 dirixido por Jiří Menzel, un dos máis coñecidos na Nova Vaga do cinema checoslovaco.

Baseado nunha novela homónima de Bohumil Hrabal, narra a historia dun mozo que traballa nunha estación ferroviaria na Checoslovaquia ocupada por Alemaña durante a segunda guerra mundial. Foi producido polos Barrandov Studios de Praga.

Argumento A finais da segunda guerra mundial, a Alemaña nazi está perdendo en todas as frontes. O mozo Miloš Hrma traballa por conta propia sen remuneración nunha pequena estación ferroviaria. O xefe da estación ten unha esposa amable, mais ten envexa do éxito coas mulleres do vendedor de billetes, Hubička. A vida cotiá na estación vese trastornada coa chegada do concelleiro Zednicek, un colaborador nazi.

Elenco miniatura|275px|Estación de Loděnice onde se filmou o filme Václav Neckář como Miloš Hrma Vlastimil Brodský como o concelleiro Zednicek Jitka Bendová como o condutor Máša Josef Somr como o billeteiro Hubička Libuše Havelková como a esposa do xefe de estación Vladimír Valenta como xefe de estación Jitka Zelenohorská como a telegrafista Zdenička Naďa Urbánková como Viktoria Freie Jiří Menzel como o doutor Brabec

Premios Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa de 1967. Gran Premio no International Filmfestival Mannheim-Heidelberg (1966). Candidato ao BAFTA ao mellor filme (1968). Candidato aos Premios do Sindicato de Directores polo mellor logro en dirección cinematográfica (1969). Candidato ao Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro (1968).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 40ª edición dos Óscar Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Bibliografía Hames, Peter. The Czechoslovak New Wave. 2.ª edición, 2005, Londres e Nova York, Wallflower Press. Škvorecký J. Jiří Menzel and the history of the «Closely watched trains». Boulder: East European Monographs, 1982 Ligazóns externas Criterion Collection essay by Richard Schickel

Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua checa Categoría:Filmes de Checoslovaquia Categoría:Filmes dirixidos por Jiří Menzel Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes rodados na República Checa