Architeuthis sanctipauli é unha especie de lura xigante da familia de Architeuthidae, que pode acadar os dez metros de lonxitude.

Wheke Un exemplar, polo momento o único do mundo, foi naturalizado por primeira vez en 2008. Trátase dunha femia que acadou 9 metros de lonxitude e pesaba 84 kg e foi pescada o 27 de xaneiro de 2000 a 615 metros de profundidade en Nova Zelandia. Apelidado como "Wheke" pola lenda maorí, foi doado ó Museo Nacional de Historia Natural de Francia, que o levou a Italia para un laboratorio de plastinación, VisDocta Research, para naturalizalo. O proceso de plastinación consistiu esencialmente na deshidratación do corpo das luras e na substitución das súas partes líquidas cunha resina endurecida que lle dá a súa rixidez actual. O proceso de deshidratación provocou que o animal minguase 2,5 metros, dándolle unha lonxitude final de 6,5 metros. Dado que os ollos e os pigmentos orixinais non se puideron preservar, colocáronse os ollos de cristal no lugar dos ollos reais e aplicouse unha capa de pintura que restaura a cor natural do cefalópodo. Chegou a París o 25 de marzo do 2008, e Wheke está en exhibición pública na Great Evolution Gallery dende o 26 de marzo de 2008, no mesmo sitio que o modelo de tamaño real que o museo amosaba.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Téutidos Xigantismo abisal

Categoría:Cefalópodos Categoría:Animais descritos en 1877