miniatura|277x277px|Exame dunha lura xigante de 9m, o segundo meirande cefalópodo, que apareceu en Noruega. En zooloxía, o xigantismo abisal, é a tendencia dalgunhas especies de invertebrados e outros animais das profundidades mariñas a desenvolver un tamaño maior que o dos seus parentes de augas menos profundas. Explicacións propostas a este fenómeno son a adaptación a recursos alimentarios máis escasos, a maior presión ou a temperatura máis fría das profundidades.
Algúns exemplos de xigantismo abisal son os isópodos xigantes, a Alicella gigantea, o cangreño araña xaponés, o Regalecus glesne, o Plesiobatis daviesi, o Haliphron atlanticus, e un gran número de especies de luras: a Mesonychoteuthis hamiltoni (até 14 m de lonxitude), a lura xigante (até 13 m), Onykia robusta, Taningia danae, Galiteuthis phyllura e Kondakovia longimana. Algúns peixes grandes que habitan no océano profundo, como o Somniosus microcephalus e o Somniosus pacificus, non serían considerados exemplos de xigantismo abisal xa que poden visitar augas menos profundas e en comparanza con outras especies de tiburóns non son máis grandes que o tiburón branco, por exemplo.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xigantismo insular Ananismo insular Megafauna Ligazóns externas Science Daily: Midgets and giants in the deep sea
Categoría:Xenética