Soiuz TM-11 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 2 de decembro de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-11, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Viktor Afanasiev, Toyohiro Akiyama (un xornalista xaponés) e Musa Manarov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir e facer experimentos científicos e manter a estación. Akiyama é considerado o primeiro pasaxeiro comercial ao espazo, ao pagar a compañía para a que traballaba, TBS, 28 millóns de dólares polo seu voo ata a Mir. Akiyama volveu a terra na Soiuz TM-10 e durante a súa estancia na Mir fixo varias retransmisións televesivas e radiofónicas.
Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-7, que estivo a punto de causar un accidente coa estación, e da Soiuz TM-12.
Afanasyev e Manarov, xunto con Helen Sharman (chegada a bordo da Mir na Soiuz TM-12), regresaron o 26 de maio de 1991 ás 10:03 GMT.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-10 Soiuz TM-12
Notas
Categoría:Programa Soiuz