O anabolismo (do grego ana ‘cara a arriba’, e ballein ‘lanzar’) é o conxunto de procesos do metabolismo que teñen como resultado a síntese de compoñentes celulares a partir de precursores de baixa masa molecular, polo que tamén recibe o nome de biosíntese. É unha das dúas partes en que adoita dividirse o metabolismo. Aínda que anabolismo e catabolismo son dous procesos contrarios, os dous funcionan coordinada e harmonicamente, e constitúen unha unidade difícil de separar.

Consiste na síntese de moléculas orgánicas (biomoléculas) máis complexas a partir doutras máis sinxelas, orgánicas ou inorgánicas, con requirimento de enerxía (reaccións endergónicas) e de poder redutor, ao contrario que o catabolismo. Os procesos anabólicos son procesos metabólicos de construción, nos que se obteñen moléculas grandes a partir doutras máis pequenas. Nestes procesos consómese enerxía.

Os seres vivos utilizan estas reaccións para formar, por exemplo, proteínas a partir de aminoácidos. Mediante os procesos anabólicos créanse as moléculas necesarias para formar novas células.

Funcións O anabolismo é o responsable de: O aumento da masa muscular. A fabricación dos compoñentes celulares e tecidos corporais e por tanto do crecemento. O almacenamento de enerxía mediante enlaces químicos en moléculas orgánicas (amidón, glicóxeno, triacilglicéridos).

Algunhas rutas anabólicas Fotosíntese. Quimiosíntese. Ciclo de Calvin. Fixación do nitróxeno. Gliconeoxénese. Glicoxenoxénese. Ruta das pentosas. Biosíntese de proteínas. Biosíntese de ácidos graxos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Catabolismo Metabolismo

Categoría:Metabolismo