Manuel Quintín Lame Chantre, nado en El Borbollón, preto de Popayán, o 26 de outubro de 1880, e finado en Ortega, Tolima o 7 de outubro de 1967, foi un indíxena colombiano nasa que intentou conformar unha república independente indíxena a comezos do século XX.
Traxectoria Fillo dos indíxenas nasa Mariano Lame e Dolores Chantre. Na guerra de 1885, a súa irmá Licenia, muda, foi violada. Na guerra dos mil días, mutilaron o seu irmán Feliciano. En 1901, uniuse ó exército conservador e marchou a Panamá, onde viu que a loita indíxena era xusta. Cando regresou, casou con Belinda León e comezou un movemento indixenista. En 1910, foi elixido representante e defensor da cabidos indíxenas de Cauca, e a continuación, marchou a Bogotá para estudar as cédulas reais e presentarse ó Congreso.
En 1914, foi o encargado dunha revolta dos indíxenas no Cauca, querendo estendela a Huila, Tolima e Valle del Cauca. Foi acusado de construír unha república dos pobos indíxenas e foi detido o 9 de maio de 1915. Estivo na cadea preto dun ano, illado. Despois continuou arrestado, pero o movemento medrou até chegar a ser unha verdadeira "guerra racial". En 1917, foi encarcerado durante catro anos.
Tamén circularon historias de que tiña supostos poderes sobrenaturais, como o da ubicuidade ou a capacidade de converterse en animal; por este motivo, o alcalde de Ortega (lugar onde estaba preso), lle cortou o cabelo varias veces, porque coidaba que o seu poder estaba alí.
O 23 de agosto de 1921, foi liberado integrouse no movemento en Tolima. En 1924, escribiu o seu libro: El pensamiento del indio que se educó en las selvas colombianas. A súa loita pola terra deu os seus froitos en 1938, cando se decretou a restitución dos resgardos de Ortega e Chaparral, escriturados en 1948.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia Bibliografía Castrillón Arboleda, Diego 1971. El Indio Quintín Lame. Bogotá: Tercer Mundo. EL TIEMPO 1999 "Cien personajes del Siglo XX en Colombia” Novena Entrega, Lecturas Dominicales 04/04/1999. Fajardo, Luis Alfonso; Juan Carlos Gamboa e Orlando VILLANUEVA 1999. Manuel Quintín Lame y los Guerreros de Juan Tama. Bogotá: Proyecto Cultural Alas de Xué. Lame Chantre, Manuel Quintín 1939 Las luchas del indio que bajó de la montaña al valle de la "civilización". Selección e notas, Gonzalo Castillo Cárdenas. Bogotá, Rosca de Investigación y Acción Social, 1973. Tello, Piedad L. 1983 "Vida y lucha de Manuel Quintín Lame". Tesis de Grado, Departamento de Antropología, Universidad de los Andes, Bogotá, 1983. Quintín Lame, Legítimamente Indígena, Documental
Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Pobo nasa Categoría:Rebeldes de Colombia Categoría:Activistas de Colombia Categoría:Personalidades de Colombia Categoría:Historia de Colombia Categoría:Indixenistas de América Categoría:Nados en Colombia