O orangután de Tapanuli (Pongo tapanuliensis) é unha especie de orangután, nativo do sur de Tapanuli, na illa de Sumatra, en Indonesia. É unha de tres especies coñecidas de orangután, xunto co orangután de Sumatra (Pongo abelii), que habita na parte noroeste da illa, e o orangután de Borneo (Pongo pygmaeus). Foi descrito como unha especie diferente no ano 2017 e é a primeira especie de homínido descrita dende o bonobo (Pan paniscus) en 1929.

Descubrimento e nome Unha poboación illada de orangutáns na área de Batang Toru de Tapanuli foi descuberta en 1939. A poboación foi redescuberta por unha expedición á área en 1997, pero non foi recoñecida como unha especie diferente daquela. Pongo tapanuliensis foi identificado como unha especie despois dun detallado estudo filoxenético en 2017. O estudo analizou as mostras xenéticas de 37 orangutáns salvaxes de Sumatra e Borneo e levouse a cabo unha análise morfolóxica dos esqueletos de 34 machos adultos. O espécime primario do estudo, e o holotipo da especie, foi o esqueleto dun macho adulto de from Batang Toru que morreu despois de ser ferido polos locais en novembro de 2013. A caveira e o postcranio do espécime consérvanse no Museo zoolóxico de Bogor. A caveira e os dentes do macho de Batang Toru difiren significativamente dos das outras especies de orangutáns. O estudo xenético tamén sinalou que a poboación de Batang Toru podería ser considerada unha especie diferente, xa que os xenomas dos dous individuos da poboación amosan trazos distintivos.

O nome científico, tapanuliensis, así como o nome común, o orangután de Tapanuli, refírese a Tapanuli, a área do norte de Sumatra onde vive a especie.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 2017 Categoría:Mamíferos de Indonesia Categoría:Fauna endémica de Indonesia