O Vicerreinado de Nova Granda (en ), tamén coñecido como Vicerreinado de Santafé ou Vicerreinado do Novo Reino de Granada, foi unha entidade territorial, integrante do Imperio Español, estabelecida pola Coroa (1717-1723, 1739-1810 e 1816-1819) na derradeira fase da colonización española de América. Foi creado polo rei Filipe V en 1717 dentro da nova política dos borbóns e suspendido en 1723, por problemas financeiros, sendo reinstaurado en 1739 até que o movemento independentista o disolve de novo en 1810. En 1815, foi reconquistado polo exército do rei Fernando VII, sendo novamente restaurado, até que o exército libertador logrou a súa independencia definitiva do poder español en 1819.

A capital do vicerreinado foi Santafé (Bogotá). O escudo de armas do vicerreinado foi herdado por Bogotá, que o conserva como insignia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Historia de Colombia Categoría:Historia de Panamá Categoría:Historia de Venezuela Categoría:Historia de Ecuador