Mario Diz, nado en Pontevedra en 1980, é un compositor e director de orquestra galego.

Traxectoria Discípulo do mestre Antón García Abril no eido da composición. Exerce dende os últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións musicais, entre as que cabe destacar estreas absolutas nos últimos ciclos das "Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela" por parte da Banda Municipal de Santiago de Compostela e a suite Todos os nenos soñan, estreada pola mezzosoprano Nuria Lorenzo. Mario Diz compuxo diferentes obras para multitude de formacións de música de cámara.

Mestre de violín e viola, a súa paixón didáctica por estes instrumentos reflíctese na publicación do libro O meu Primeiro Libro de Violín (2015) para a iniciación ó violín dende idades máis temperás.

Dende o ano 2010 é director da Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela.

Obras 5 Sentidos (1998). Exposición Arquitecturas 1998, Pontevedra Seis danzas Galegas (2010) O meu primeiro libro de violín (2014) Unidades didácticas Real Philarmonía de Galicia (2014) Variaciones SARA (2016) ''Es gibt dich (Existes) (2016)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Es gibt dich (Existes), interpretado polo Quarteto Bretón. Todos os nenos soñan, 2012

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Poio Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes