Fernando Buide del Real, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un compositor e mestre galego. En 2013 acadou o premio Nacional de composición [AEOS]-BBVA pola súa obra Fragmentos del satiricón.
Traxectoria Doutor en Artes Musicais pola Universidade Yale e I Premio Michael Friedmann de investigación doutoral polo seu traballo sobre a terceira sinfonía de Roberto Gerhard. É mestre na especialidade de Piano e órgano polo Conservatorio Superior de Oviedo. Foi compositor residente na Real Academia de España en Roma.
É un dos compositores de vangarda mais salientables do panorama estatal. A súa música foi interpretada pola Orquestra Sinfónica de Minnesota, Orquestra Sinfónica de Yale, Philarmónica Carnegie Mellon, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Jonde, Festival Mozart, Festclásica.
É bolseiro da Fundación BBVA Leonardos del siglo XXI pola nova composición dunha ópera, prevista para o outono de 2019.
Na actualidade é profesor de composición no Conservatorio Superior de Música da Coruña.
Recoñecementos Gañador da VII edición del premio de composición orquestal AEOS-BBVA 2013 I Premio de composición Harry Archer da Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh. Premio Andrés Segovia – José Miguel Ruíz Morales do Curso Música en Compostela Premio Michael Friedmann de investigación doutoral polo seu traballo sobre a terceira sinfonía de Roberto Gerhard Gañador da VII edición do premio de composición orquestral AEOS-BBVA
Obra Such Places as Memory (2005) Tropos (2007) Tiento, a dos pianos (2007) Antiphones (2008) Aparición (2009), encargo do Festival Via Stellae Pico Sacro (2009), encargo de FestClásica en conmemoración do centenario de Isaac Albéniz Paisaxe suspendida (2010), encargo da AEOS Lingua de escuma (2011), encargo da Orquestra Sinfónica de Galicia no seu XX aniversario Sinfonía no. 1 de Gustav Mahler (2012), versión para orquestra reducida, encargo da Real Philharmonía de Galicia Fragmentos del Satiricón (2013), gañadora da VII edición do premio AEOS-BBVA Eupalinos (2013), encargo do CNDM Mar ao norde (2014), encargo da Real Philharmonía de Galicia Pasaxes (2016), encargo da Aeos/Fundación SGAE Dous cantares (2016)
Véxase tamén Ligazóns externas VII Edición del premio de composición Orquestal AEOS-BBVA Entrevista pola obra Mar ao Norde Fragmentos del Satiricón Lingua de escuma
Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes