Sitric Cáech ou Sihtric Cáoch, chamado o Chosco (en irlandés antigo: Sihtric ua Ímair, en nórdico antigo SigtryggBreeze, Andrew. «The Irish Nickname of Sitric Caoch (d. 927) of York, Saga-book of the Viking Society, 25» (en inglés) pp. 86-87, 1998-2001. [Consulta: 19 febreiro 2013]. Cáech ou Caoch non é un apelido, senón un alcuño que quere dicir 'chosco' en irlandés antigo.), finado en 927, foi un líder nórdico-gaélico, monarca viquingo do reino de Dublín e máis tarde tamén de Jorvik (nome do reino de Northumbria so dominación viquinga) Traxectoria Orixes familiares Sitric foi un dos netos de Ivar de Dublín, por tanto pertencía á dinastía nórdica coñecida como os Uí Ímair, que, xunto cos seus familiares Gofraid ua Ímair e Ragnall ua Ímair, sería moi influente e activa en Irlanda e o norte de Gran BretañaDownham, Clare. Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014 (en inglés). Edinburgh: Dunedin, 2007. ISBN 1-903765-89-0. .

Irlanda Os Anais do Ulster amosan a chegada de dúas frotas viquingas a Irlanda en 917, unha liderada por Ragnall e a outra por Sitric, os dous da casa de ÍvarOs dous eran netos do mesmo home, polo tanto podían ser irmáns ou curmáns., que loitaron contra Niall Glúndub, derrotaron as forzas locais e, segundo os anais, Sitric, a continuación, foi a "Ath Cliath", é dicir, Dublín, e debemos asumir polo que indican as fontes documentais, que tomou posesión da cidadedo Ulster Anais do Ulster ano 917:3,4,5. O seu compañeiro, Ragnall ua Ímair, despois de conquistar Waterford, dirixirase cara a EscociaAnais do Ulster ano 918:4, e máis tarde conquistará Jorvik (agora York), onde foi proclamado rei.

Sitric loitou en varias batallas contra Niall Glúndub. Menciónase unha gran guerra nas crónicas de 918, e 919, Niall e moitos outros reis irlandeses morreron nunha gran batalla ás portas de DublínAnais do Ulster 918:6, 919:3. Foi, probabelmente, a derrota máis devastadora dos irlandeses inflixida polo exército escandinavo.

Rei de Jorvik O 920 ou 921, Sitric abandonou Dublín. Os cronistas indican que deixou o reino "co poder de Deus"Anais do Ulster ano 920.5, pero o certo é que, tras a morte do seu irmán Ragnall, pasou a ser rei de Jorvik''. O seu outro irmán, Gofraid, estaba á fronte de Dublín.

Sitric atacou Mercia desde a fronteira co reino de Jorvik«Sihtric (Norse King of York)» (en inglés). [Consulta: 18 febreiro 2013]., e dirixiu os seus exércitos en Confey e noutras batallas.

Casou no ano 926 coa irmá do rei anglosaxón, Aethelstan, (probabelmente Editha de Polesworth)«Who Was St. Editha? » (en inglés). [Consulta: 18 febreiro 2013]. nun movemento político deseñado polo mesmo Aethelstan, a fin de consolidar a súa influencia no norte do seu reino. Sitric morreu de súpeto, un ano máis tarde, en 927 e Aethelstan asumiu o trono do rei viquingo algúns anos máis tarde.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Subscription or UK public library membership required.

Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Finados en 927 Categoría:Reis de Dublín