Juan Daniel Romero Pérez, nado en Vigo en 1989, é un músico e compositor galego de carreira militar.
Traxectoria Licenciado na especialidade de trombón polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e licenciado na especialidade de Composición polo Conservatorio Superior da Coruña. Foi membro da Orquestra moza da Unión Europea. Exerce a carreira de músico militar.
Recoñecementos 2009: I certame de novos intérpretes solistas José Valcárcel da Estrada 2017: I premio de composición musical da Universidade de Santiago de Compostela coa obra Augas en movemento En 2019 gaña o premio a mellor composición da sección Terceira no XII Concurso Galego de bandas coa obra Contos na lareira. Obras Imágenes del ayer, para trombón y piano (2015) Auga en movemento, (2017, III actos) Contos na lareira (2019)
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes