TUI Airways, acotío coñecida como TUI UK (anteriormente Thomson Airways), é a aeroliña chárter máis grande do mundo. Ofrece voos chárter e regulares dende o Reino Unido e Irlanda a destinos en Europa, África, Asia e Norteamérica. A compañía transportou 10,6 millóns de pasaxeiros no ano 2016, sendo a terceira maior aeroliña británica en número de pasaxeiros, tras easyJet e British Airways.

A oficina do seu rexistro está na TUI Travel House en Crawley, West Sussex, pero as súas oficinas principais atópanse en Luton, Bedfordshire. TUI Airways Limited ten un certificado de operación aérea da Autoridade de Aviación Civil británica de tipo A, o cal lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avión de 20 ou máis asentos.

A aeroliña creouse tras a fusión da división de viaxes de TUI AG e de First Choice Holidays plc en setembro de 2007 para formar TUI Travel. As respectivas aeroliñas das dúas compañías, Thomsonfly e First Choice Airways, fusionáronse en maio de 2008 e pasaron a chamarse Thomson Airways en novembro dese ano. TUI Travel fusionouse con TUI AG para formar o TUI Group en decembro de 2014.

A compañía cambiou oficialmente o seu nome legal de Thomson Airways a TUI Airways o 2 de outubro de 2017. Este cambio realizouse para estar acorde coas súas compañías irmás TUI fly Belgium, TUI fly Deutschland, TUI fly Netherlands e TUI fly Nordic. Todas as aeroliñas do grupo, agás Corsair International, utilizan agora a marca TUI.

Frota

Actual En decembro de 2020 a frota de TUI Airways estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de TUI AirwaysAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasPYTotalBoeing 737-800318–189189Boeing 737 MAX 863–189189Almacenados debido aos problemas co modeloBoeing 737 MAX 10–14TBABoeing 757-2004——221221Serán substituídos polos 737 MAX 10Boeing 767-300ER2——328328Serán substituídos por Boeing 787-9Boeing 787-88—47253300Boeing 787-96—63282345Total5725 Histórica + Frota histórica de TUI AirwaysAviónIntroducidoRetiradoNotasAirbus A320-20020082012Herdados de First Choice AirwaysAirbus A321-20020082013Boeing 737-30020082012Herdados de Thomsonfly

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Notas

Categoría:Aeroliñas do Reino Unido