A Gemeenlandshuis (en galego: "Casa común") é un edificio singular sito na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos, que foi a sede principal do Consello das Augas de Delfland (en neerlandés: Hoogheemraadschap van Delfland), unha autoridade pública típica dos Países Baixos que se encarga da xestión das augas públicas das diversas cuncas fluviais. "Artikel: Gemeenlandshuis van Delfland ". En Delft-guide.nl (en neerlandés)"Gemeenlandshuis van Delfland". En Openmonumentendagdelft.nl (en neerlandés e inglés)

O edificio miniatura|esquerda|Detalle dos escudos labrados na fachada O edificio, sito no número 167 da rúa e canle Oude Delft, foi construído en 1505 nun suntuoso estilo Gótico tardío."Delftse mysteries: Waar staat het oudste woonhuis van Delft?". En Indebuurt.nl (en neerlandés)

A súa fachada, revestida de arenito, que sobreviviu ao grande incendio da cidade de 1536, está amplamente adornada con escudos de armas policromados e pechada por unha balaustrada calada. A súa cubrición é a dúas augas entre pinches de ladrillo inclinado, coroada por chemineas tamén de ladrillo.

O seu primeiro propietario foi Jan de Huyter, preboste de Delft e alguacil da comarca de Delfland. Máis tarde converteuse en residencia de Filipe de Hohenlohe, que estaba casado con María de Nassau, filla de Guillerme I.

Non foi ata 1645 cando se estableceu alí o Hoogheemraadschap van Delfland.

Hoxe o edificio, que goza da consideración de monumento nacional des Países Baixos (Rijksmonument), alberga unha extensa colección de mapas antigos da comarca de Delfland. Ficha do edificio no Rijksmonumentenregister (en neerlandés).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delft

Ligazóns externas Sitio web oficial do Hoogheemraadschap van Delfland(en neerlandés e inglés) "Oude Delft 167. Van Patriciershuis naar Gemeenlandshuis" (en neerlandés)

Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Arquitectura civil Categoría:Arquitectura gótica Categoría:Rijksmonument