Os suízos (en , en , en , en ) son os cidadáns de Suíza.O termo é empregado ás veces para referirse ós descendentes dos emigrantes suízos, por exemplo na New Oxford American Dictionary. Porén, nacer en Suíza non outorga automaticamente a cidadanía suíza, (existen tres niveis de cidadáns estranxeiros en Suíza), polo que hai numerosos estranxeiros legais de segunda xeración que son tecnicamente "nados en Suíza" pero non considerados suízos. O xentilicio deriva do topónimo de Schwyz e foi empregado para referirse a toda a Antiga Confederación Suíza dende o século XVI.
Malia a Confederación Suíza, o moderno estado de Suíza, xurdido en 1848 e o período de nacionalismo romántico, non é un estado nación, e os suízos non adoitan a ser considerados como un único grupo étnico, mais si unha confederación () ou ("nación por vontade" ou "nación por elección" que é o estado consociacional), un termo acuñado en contraste co de "nación" no senso lingüístico ou étnico do termo.
O número de suízos medrou dende 1,7 millóns en 1815 até 6,76 millóns en 2009, cun 90% deles vivindo en Suíza. Arredor dun 60% dos que viven fóra do país residen na Unión Europea (uns 446 412). O meirande grupo de descendentes suízos fóra de Europa reside nos Estados Unidos e no Canadá.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Walter Sorell, The Swiss: a cultural panorama of Switzerland Bobbs-Merrill, 1972. Heinrich Zschokke, Des Schweizerlands Geschichten für das Schweizervolk, J. J. Mäcken, 1823. Google Books, trans. as The History of Switzerland, for the Swiss People by Francis George Shaw, 1855. Google Books Frank Webb, Switzerland of the Swiss, Scribners, 1910. Archive.org
Categoría:Grupos étnicos de Suíza Categoría:Grupos étnicos de Europa