O aeroporto internacional de Cancún (IATA: CUN, ICAO: MMUN) é un aeroporto localizado en Cancún, na península do Iucatán en México. É o segundo aeroporto máis concorrido do país tras o aeroporto da Cidade de México, pero é o máis grande en termos de pasaxeiros internacionais. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 21 415 795 pasaxeiros, un 9,28% máis que en 2015.
Ten dúas pistas de aterraxe operativas paralelas que se poden usar simultaneamente. O aeroporto inaugurouse oficialmente no ano 1974. Está operado polo Grupo Aeroportuario del Sureste (ASUR). É unha cidade focal para Aeroméxico, Interjet, VivaAerobus e Volaris, e ofrece voos a 21 destinos en México e a máis de 30 países en América e Europa.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Cancún