miniatura|Takanori Nagase (esquerda), representando a Universidade de Tsukuba, despois de gañar o ouro na categoría de <81 kg nos Campionatos Universitarios do Xapón de 2013. O seu anterior compañeiro, Un Chang-rim (segundo pola dereita), tamén gañou o título para a súa universidade, na categoría de <60 kg. Takanori Nagase (en xaponés 永瀬貴規), nado en Nagasaki o 14 de outubro de 1993 é un judoka xaponés.

Os logros de Nagase inclúen a Universiade en Kazan no 2013, o Grand Slam de Tokio en 2013 e 2014; e o Campionato Nacional do Xapón, o Masters da IJF (Federación Internacional de Judo) en Rabat e o Mundial Judo en 2015.世界柔道、永瀬が「金」…81キロ級で日本勢初 Yomiuri Shinbun 2014-8-27

A técnica favorita de Nagase é uchi mata e mundialmente coñecido polo seu newaza. É o primeiro e único judoka xaponés que conseguiu ser campión mundial na categoría de -81 kg.

Traxectoria Nagase comezou no judo á idade de 6 anos. Como neno, competiu nacionalmente na categoría de -40 kg, e perdeu esta competición contra o seu futuro compañeiro Naohisa Takato, acabando quinto.

Cursou na Universidade de Nagasaki Nihon, sola que competiu nacionalmente. Gañou varios premios para o seu centro en diferentes categorías de peso. Nagase aínda adestra con asiduidade nesta universidade, e ensina aos novos judokas.

Nagase estudou na Universidade de Tsukuba. Foi o campión na categoría de -81 kg no Campionatos Universitarios do Xapón do 2013. Tamén ensinaba no Kodokan como un instrutor de nenos.

O tío-avó de Nagase é Katsushi Hirao, medallista de prata nos Campionatos Mundiais de 1969.

Despois de se graduar na universidade de Tsukuba, Nagase asinou con Asahi Kasei.

Notas

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados na prefectura de Nagasaki Categoría:Judokas olímpicos do Xapón Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos en judo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Xapón Categoría:Medallistas olímpicos de prata polo Xapón Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polo Xapón