dereita|miniatura|250x250px|Vista do sagrado Val Iraca (Tobasía). O iraca, ás veces tamén escrito iraka,Ocampo López, 2013, Ch.12, p.77Ocampo López, 2013, Ch.14, p.85 era o gobernante e alto sacerdote de Sugamuxi no seo da confederación muisca que habitaba no Altiplano Cundiboyacense; as terras altas centrais nos Andes de Colombia. Iraca tamén pode facer referencia ó val de Iraka no que gobernaba. Life of Alexander von Humboldt - Ciudad de Santa Fe
Contexto miniatura|dereita|250px|Reconstrución do Templo do Sol de Sugamuxi, onde vivía o iraca. Nos séculos anteriores á chegada dos Conquistadores españois no centro de Colombia, os vales da Cordilleira Oriental eran gobernados por catro líderes principais e numerosos caciques independentes. Os territorios do norte eran gobernados polo zaque de Hunza, a capital do actual departamento de Boyacá, mentres que os territorios do sur eran gobernados polo zipa, con sede en Bacatá, que no presente é a capital de Colombia, Bogotá. Outros líderes salientables eran o iraca e o cacique Tundama con sede en Tundama, na actual cidade de Duitama. Os muiscas eran unha das catro civilizacións avanzadas de América, xunto cos aztecas, os maias e os incas.Ocampo López, 2007, p.52
Iracas coñecidos Por mor da conquista española das nacións chibchas é pouco o que se coñece sobre eles e a maioría baséase na mitoloxía. Iracas confirmados foron: Nompanim - finado a finais do século XVIIraca rulers - Pueblos Originarios Sugamuxi - finado en 1539
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gobernantes muiscas Bibliografía
Categoría:Gobernantes muiscas Categoría:Sacerdotes