Elvira Lodeiro González, nada en Pontevedra en 1908 e finada na mesma cidade o 19 de decembro de 1936, foi unha membro da resistencia galega.
Traxectoria Casada co chofer da liña de autobuses a Cangas Juan Manuel Gómez Corbacho. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa da República que se orquestrou desde o Goberno Civil de Pontevedra ata a súa rendición, o 20 de xullo. Despois fuxiu e agochouse. Reclamada mediante requisitoria polo xuíz militar de Pontevedra o 4 de setembro xunto con Aurelio Torres Lorenzo, Manuel Martínez, Albino Sánchez Leiro e Manuel Pedreira Rumbo.El Diario de Pontevedra, 4-9-1936, p. 2. Foi detida o 12 de decembro con Consuelo Acuña Iglesias e o irmán desta Ramón Acuña Iglesias, nunha acción na que resultaron mortos Manuel Méndez Montes e o seu home. Xulgados en consello de guerra sumarísimo por rebelión militar ao día seguinte, foron condenados á pena de morte. Consuelo e Ramón foron fusilados ao amencer do 14 de decembro. Elvira dixo que estaba embarazada e adiáronlle a sentenza, pero acabou executada o 19 de decembro de 1936, alegando que as probas médicas descartaran o estado de gravidez.El Pueblo Gallego, 20-12-1936, p. 8.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Elvira Lodeiro González Morrer en Salcedo.
Con nome de muller.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos