Schenkenschanz é unha poboación alemá, actualmente integrada en Kleve, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. É coñecida polo seu antigo forte de Schenk ou Skink, que ocupaba unha posición estratéxica na antiga fronteira entre o Sacro Imperio Romano Xermánico e os Países Baixos. Neste lugar o río Rin forma un meandro e sepárase en dous brazos: o principal, chamado Waal, diríxese a Nimega, e o secundario ou vello Rin flúe cara a Arnhem, ao noroeste. O primeiro castelo foi construído polo conde Juan de Cléveris no século XIV, no extremo do confluente, para controlar o tráfico.
No século XVI a fortaleza destaca baixo o mando de Maarten Schenck van Nydeggen, militar que traballou en función das circunstancias para España ou para as Provincias Unidas, a través do bestallung, cobrando por cada barco que debía pasar pola fortaleza, durante a Guerra dos Oitenta Anos.
centro|miniatura|400px|O asedio de Schenckenschans polo príncipe Frederik Hendrik van Oranje, abril de 1636, cadro de Gerrit van Santen Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos Ducado de Kleve
Categoría:Cidades de Renania do Norte-Westfalia