O aeroporto internacional de Montreal-Pierre Elliott Trudeau (IATA: YUL, ICAO: CYUL) ou sinxelamente Montreal-Trudeau, anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Montreal-Dorval, é un aeroporto canadense situado na illa de Montreal, a 20 km do centro da cidade. As terminais atópanse no suburbio de Dorval, mentres que o complexo de oficinas de Air Canada e unha das pistas están na veciñanza de Saint-Laurent. O aeroporto serve ao Gran Montreal e ás rexións adxacentes no Quebec, o leste de Ontario, Vermont, e o norte do estado de Nova York. O aeroporto foi bautizado na honra de Pierre Elliott Trudeau, o 15º Primeiro Ministro do Canadá e pai do actual Primeiro Ministro Justin Trudeau.
O aeroporto é un dos dous dirixidos e operados por Aéroports de Montréal (ADM), unha corporación sen ánimo de lucro e sen capital social; o outro é o aeroporto de Montreal-Mirabel, ao noroeste da cidade, que inicialmente ía substituír o de Dorval pero que no presente opera case unicamente voos de carga. Montreal-Trudeau é propiedade de Transport Canada, que ten un contrato de alugueiro con Aéroports de Montréal por 60 anos.
Trudeau é o aeroporto máis concorrido da provincia do Quebec, o terceiro máis concorrido do Canadá en termos de pasaxeiros, con 16,6 millóns, e o cuarto en número de operacións, con 225 206 movementos en 2016. É unha das principais portas de entrada ao Canadá con 10,1 millóns de pasaxeiros internacionais (o 63% do total), sendo a maior proporción entre os aeroportos do país en 2016. Montreal-Trudeau é un dos catro centros de conexión de Air Canada. A ruta entre Montreal e París (Charles de Gaulle e Orly) é a ruta internacional máis concorrida dende o Canadá. De media, cada día pasan polas súas instalacións ao redor de 45 000 pasaxeiros.
As aeroliñas que operan en Trudeau ofrecen voos sen escalas a cinco continentes: África, Asia, Europa, Norteamérica e Suramérica. É un dos dous aeroportos canadenses con voos a cinco ou máis continentes, sendo o outro o de Toronto-Pearson. O aeroporto é unha base operativa para Air Inuit, Air Transat e Sunwing Airlines.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Montreal-Trudeau