miniatura|Igrexa de San Francesco d'Assisi all'Immacolata, que mandou construír Lionor e onde está sepultada. Lionor de Anjou, tamén coñecida como Lionor de Nápoles e Lionor de Sicilia, nada en agosto de 1289 en Nápoles, Reino de Nápoles (Regnum Siciliae citra farum),Naquela época o Reino de Sicilia debido aos coflitos entre os axevinos (franceses) e os sicilianos partidarios dos aragoneses, estaba dividido en dous reinos, cuxos titulares autodenominábanse reis de Sicilia, polo que para distinguir ambos os reinos utilízanse na historiografía os termos "Reino de Nápoles" ou Regnum Siciliae citra farum, para o peninsular, e "Reino de Sicilia", "Reino de Trinacria" ou Regnum Siciliae ultra farum, para o insular. Véxase Reino de Sicilia. e finada o 9 de agosto de 1341 en Nicolosi, preto de Catania, Reino de Trinacria (Regnum Siciliae ultra farum), foi unha princesa do Reino de Nápoles (R. s. citra farum) que foi consorte do rei Frederico III de Sicilia (R. S. ultra farum).Casas reais de Sicilia e de Nápoles en Medieval Lands Leonor de Anjou pedigree Capetos - Genealogy Carlos III de Nápoles en genealogie mittelalter
Orixes familiares Lionor era a décima filla do rei de Nápoles e rei titular de Sicilia, conde de Anjou e de Maine, conde da Provenza e de Forcalquier, príncipe de Tarento, rei de Albania, príncipe de Acaia e rei titular de Xerusalén, Carlos II de Anjou,Carlos II de Anjou era fillo de Carlos I de Anjou, irmán do rei de Francia Lois IX (San Lois), e de Beatriz de Provenza, última filla do conde da Provenza, Ramón Berenguer IV e de Beatriz de Savoia. e de María de Hungría, filla terceira de Estevo V de Hungría e da súa esposa, a raíña Isabel a Cumana.Cumanos en Medieval Lands Isabel era a filla dun khan dos Cumanos, do que non se coñece o nome, sucesor de Xonás de Cumania.
Era tamén irmá, entre outros, de Roberto de Anjou, duque de Calabria, e do franciscano conventual San Lois da Tolosa.
Traxectoria Lionor casou en 1299, cando tiña uns dez anos de idade, co nobre siciliano Filipe de Toucy, futuro príncipe titular de Antioquía (título herdado da súa nai, Lucía de Antioquía), e futuro señor de Terza (herdado do seu pai Narjot de Toucy). O seu matrimonio foi anulado o 17 de xaneiro de 1300 por bula do papa Bonifacio VIII, pola pouca idade da noiva (ademais de que estaban emparentados e non pediran dispensa ao papa para casaren).
No ano 1302, despois de que Carlos de Valois, comandante das tropas anxevinas do Reino de Nápoles (R. S. c. f.) intentara, sen éxito, conquistar polas armas a illa de Sicilia, o mesmo Carlos de Valois, e máis o pai de Lionor, o rei de Nápoles Carlos II, o Coxo, e o papa Bonifacio VIII, propuxeron ao rei de Sicilia Frederico III (R. S. u. f.), da Casa de Aragón, casar con Lionor.Reis de Sicilia en Medieval Lands
O pai de Lionor e o seu futuro novo esposo estiveron implicados na guerra polo predominio no Mediterráneo e, especialmente, en Sicilia e no Mezzogiorno italiano. O matrimonio foi parte dun esforzo diplomático para estabelecer relacións pacíficas entre aragoneses e anxevinos que levaría á paz de Caltabellotta (19 de agosto de 1302).
Esta paz dividiu o vello Reino de Sicilia nunha porción insular e outra peninsular. A illa, camada Reino de Trinacria (ou Regnum Siciliae ultra farum), pasou a Frederico, que xa a estaba gobernándoa, como dote de Lionor, até a morte do rei, despois da cal a illa debería pasar de novo aos Anjou, e o sur da Península Itálica, chamado na época Reino de Sicilia (ou Regnum Siciliae citra farum) —coñecido pola historiografía moderna Reino de Nápoles— quedou en poder de Carlos II, que xa o estivera gobernando. Así, a paz era un recoñecemento formal dun incómodo statu quo.
En maio de 1303 celebrouse, en Messina, o matrimonio entre Lionor e Frederico III.Frederico era o fillo terceiro do rei de Aragón e de Valencia e conde de Barcelona e dos outros Condados cataláns, Pedro III o Grande e de Costanza II de Sicilia,Costanza II de Sicilia, ou Costanza de Hohenstaufen, aínda que chamada de Sicilia, non debe confundirse con Costanza de Hauteville, tamén chamada de Sicilia, bisavoa de Costanza de Hohenstaufen. filla do rei de Sicilia Manfredo (fillo ilexítimo do emperador Frederico II Hohenstaufen).Segundo os continuadores do Chronicon de Guillaume de Nangis, o matrimonio teríase celebrado en 1302, pero segundo Genealogy celebrouse o 17 de maio de 1302).
Frederico III asignou á súa consorte Lionor a chamada Camera Reginale. Esta Cámara real costituíu un verdadeiro e propio dote, adminisrado por un gobernador e a disposición da raíña, formada polos territorios das cidades de Paternò, Siracusa, Lentini, Avola, Mineo, Vizzini, Castiglione, Francavilla e a illa de Pantelleria. A Cámara real perdurou até 1537.Di Matteo, Salvo (2006): La storia della Sicilia. Dalla preistoria ai nostri giorni . Roma: Arbor. ISBN 978-88-8632-530-1, p. 241.
En 1329, para agradecer á Virxe pasar sen perigo unha erupción do Etna, fixo construír en Catania unha grande igrexa dedicada a San Francisco.
No ano 1343, despois da morte do rei Frederico III, a raíña Lionor de Anjou trasladouse a Messina acompañada polo seu familiar, o cabaleiro Antonino Natoli,Nobiliario della città di Messina, Giuseppe Galuppi, p. 133. ao que lle conferiu os seus feudos.Enciclopedia storico-nobiliare italiana: famiglie nobili e titolate viventi riconosciute dal Real governo d'Italia compresi: città, comunità, mense vescovili, abazie, parrocchie ed enti nobili e titolati riconosciuti. Volume 4, Marchese Vittorio Spreti, Forni, p. 788. Ela retirouse nos territorios da súa Camera reginale, prefirindo sobre todo Belpasso, ao pé do Etna, onde incluso hoxe en día existe a Cisterna della Regina, que a tradición di que foi construída por orde dela.
Lionor faleceu o 9 de agosto de 1343 no convento de San Nicola l'Arena, cerca de Nicolosi (Catania). Posteriormente os seus restos foron levados a Catania onde repousan na igrexa de San Francisco, onde unha placa a recorda.
Descendencia Lionor e Frederico III tiveron nove fillos:Barcelona - Genealogy Frederico III de Sicilia en genealogie mittelalter Frederico III e Lionor en familyhistory
Pedro (1304-1342), seu sucesor como rei de Trinacria. Roger (1305-?), morto mozo. Costanza (1305-despois do 19 de xuño de 1344), casou con Henrique II de Chipre e, en segundas nupcias, con León V de Armenia; e finalmente, con Xoán de Lusignano. Manfredo (1306-1317), duque de Atenas. Isabel (1310-1349), casou co duque Estevoo II de Baviera. Guilerme (n.1312-1338), príncipe de Taranto, duque de Atenas e de Neopatria. Xoán (1317-1348), duque de Atenas e de Neopatria, rexente de Sicilia (1338-1348). Catarina (1320-1342), abadesa do convento de Santa Clara de Messina. Margarida (1331-1377), casou con Rodolfo II de Baviera.
Devanceiros de Lionor de Anjou
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kiesewetter, Andreas (1993): "Eleonora d'Angiò, regina di Sicilia" en: Dizionario Biografico degli Italiani. Volume 42. Treccani. Roman d’Amat, Jean-Charles (1970): "Éléonore d’Anjou" en: Dictionnaire de biographie française. Volume 12. París: Letouzey et Ané.
Outros artigos Reino de Sicilia Frederico II de Sicilia Carlos II de Anjou
Categoría:Casa de Anjou Categoría:Reis de Sicilia Categoría:Nados en 1289 Categoría:Finados en 1341