David Mariño Ramos, nado en Portosín (O Porto do Son) o 5 de decembro de 1899 e finado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Emigrado nos Estados Unidos, estaba en Filadelfia en 1925. Retornou a Portosín cara a 1928. Sindicalista de Goiáns. Presidente do Sindicato de Pescadores e Oficios Varios da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela foi condenado a pena de morte. Foi executado no Cemiterio de Boisaca o 11 de outubro de 1937 con Gerardo Piñeiro Piñeiro e Ramón Pazos Liñares.El Compostelano, 11-10-1937, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (M) Ligazóns externas

Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos