Soiuz TM-19 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 1 de xullo de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-19, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Iuri Malenchenko e Talgat Musabaiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.

Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-24, que tivo problemas na aproximación á estación e impactou con ela un par de veces. A nave tivo que ser acoplada de maneira remota manualmente por Malenchenko. Durante a misión tamén chegou a Soiuz TM-20.

A Soiuz regresou a terra o 4 de novembro de 1994 ás 11:18 GMT, tocando terra a uns 110 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán).

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-18 Soiuz TM-20

Notas

Categoría:Programa Soiuz