Para calquera nave arquitectónica véxase Nave (arquitectura). miniatura|300px|Planta da catedral de Palma de Mallorca, onde se sinalan as naves do evanxeo, central e da epístola. O lado do evanxeo é unha zona das igrexas cristiás occidentais. Nese lugar líanse os evanxeos na liturxia. Cara ao altar maior, atópase no lado esquerdo.

O lado oposto é o lado da epístola, onde se lían as epístolas (cartas) canónicas na liturxia. Cara ao altar maior, o lado da epístola atópase no lado dereito.Michael Kunzler, The Church's Liturgy, trans. Placed Murray, et al. (Berlín: LIT Verlag, 2001), p. 208.

Por extensión denomínase nave do evanxeo á que se atopa situada nese lado dentro do templo e da mesma maneira nave da epístola a que está no lado da epístola.

Na liturxia tridentina, que se segue usando nalgunhas comunidades cristiás, o lector que sostiña o misal movíase ao lado da epístola á beira do evanxeo despois de ler a súa epístola.

Descricións gráficas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Concilio Vaticano II

Categoría:Elementos da arquitectura cristiá