Soiuz TM-18 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 8 de xaneiro de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz TM-18, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Viktor Afanasiev, Valeri Poliakov e Iuri Usachov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.
Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-20, a Progress M-21, a Progress M-22 e a Soiuz TM-19.
A Soiuz regresou a terra o 9 de xullo de 1994 ás 10:32 GMT, tocando terra a uns 110 km ao norte de Arkalyk (Kazakhstán).
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-17 Soiuz TM-19
Notas
Categoría:Programa Soiuz